Gran Premio de Singapur Plano do Circuíto 330px| Datos Anos disputados 18 (10 oficiais) Primeira disputa 1966 (2008 oficial) Última disputa 2017 Localización Marina Bay, Patrocinador principal Singapore Airlines Lonxitude 308´828 km en 61 voltas Marca de volta 1:45.008 Lewis Hamilton (Mercedes) Piloto récord Sebastian Vettel (5) Escudería récord FerrariRed BullMercedes (3 cada un) Poles récord Sebastian Vettel (4) Vista do Circuíto 330px|Vista
O Gran Premio de Singapur é unha carreira de coches, do actual calendario do Campionato do Mundo da FIA de Fórmula Un. Actualmente dispútase en Marina Bay en Singapur. Tras a resurrección da carreira en 2008, a primeira carreira foi tamén a primeira carreira nocturna, foi gañada polo piloto español Fernando Alonso do equipo Renault F1.
A terceira carreira nocturna de Singapur celebrouse en setembro de 2010, xunto cun programa completo de entretemento de 10 días. Coñecido como o Gran Premio de Singapur de 2010, a carreira inclúe festas, eventos temáticos de carreiras, concertos musicais, exposicións e experiencias gastronómicas e de compras.
Historia Orixes
Organizada por primeira vez en 1961, a carreira foi inicialmente coñecida como o Orient Year Grand Prix (Gran premio anual de oriente). Ao ano seguinte, a carreira recibiu o nome de Gran Premio de Malaisia. Logo de que Singapur alcanzara a súa independencia en 1965, a carreira no circuíto Thomson Road foi renomeado como o Gran Premio de Singapur. A carreira suspendeuse a partir de 1973 por varias razóns, o aumento do tráfico, as molestias de ter que pechar as estradas para a carreira e os accidentes mortais durante as carreiras de 1972 e 1973, o aumento dos prezos do petróleo.
Fórmula Un
Singapore GP Pte Ltd, Turismo de Singapur e Bernie Ecclestone asinaron un acordo para un contrato de cinco anos. En novembro de 2007 anunciouse que a empresa de telecomunicacións Singapore Telecommunications (SingTel) patrocinará a carreira. O nome oficial da carreira será a Formula 1 SingTel Singapore Grand Prix. A carreira foi co-financiada polo Goberno de Singapur , 60% do total da factura, ou 90 millóns de $ SGD, dun total de 150 millóns de $ SGD.
Ao redor de 110.000 entradas foron postas a venda para a primeira carreira de Fórmula Un do país.
A primeira carreira celebrada no novo Circuíto urbano de Singapur foi a décimo quinta carreira do Campionato do mundo de 2008 da FIA, e tamén foi a primeira carreira nocturna da historia da Fórmula Un . O horario nocturno significaba que podía ser transmitida en directo a unha hora conveniente para a audiencia televisiva de Europa. A pista iluminabase por unha serie de proxectores que adaptaban a súa produción para que coincida coa carreira. A carreira foi gañada por Fernando Alonso do equipo Renault, con todo, o resultado foi empañado polo accidente de Renault.
Para a carreira de 2009, o circuíto foi lixeiramente redeseñado, incluíndo as modificacións dás curvas 1, 2 e 3 para axudar aos adiantamentos, e tamén na curva 10 onde os bordos altos causaron moitos accidentes en 2008.
Gañadores
Por tempada As carreiras, que non formaban parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un indícanse cun fondo de cor rosa. Ano Piloto Construtor Clase Circuíto Resultados George Russell Mercedes Fórmula Un Circuíto urbano de Singapur Resultados Lando Norris McLaren-Mercedes Fórmula Un Resultados Carlos Sainz Ferrari Fórmula Un Resultados Sergio Pérez Red Bull Racing-RBPT Fórmula Un Resultados 2021-2020 Non celebrado Sebastian Vettel Ferrari Fórmula Un Resultados Lewis Hamilton Mercedes Fórmula Un Resultados Lewis Hamilton Mercedes Fórmula Un Resultados Nico Rosberg Mercedes Fórmula Un Resultados Sebastian Vettel Ferrari Fórmula Un Resultados Lewis Hamilton Mercedes Fórmula Un Resultados Sebastian Vettel Red Bull Fórmula Un Resultados Sebastian Vettel Red Bull Fórmula Un Resultados Sebastian Vettel Red Bull Fórmula Un Resultados Fernando Alonso Ferrari Fórmula Un Resultados Lewis Hamilton McLaren-Mercedes Fórmula Un Resultados Fernando Alonso Renault Fórmula Un Resultados 2007-1974 Non celebrado 1973 Vern Schuppan March-Hart Fórmula Libre Thomson Road Resultados 1972 Max Stewart Mildren–Waggott Fórmula Libre Resultados 1971 Graeme Lawrence Brabham-Ford Fórmula Libre Resultados 1970 Graeme Lawrence Ferrari Fórmula Libre Resultados 1969 Graeme Lawrence McLaren-Ford Fórmula Libre Resultados 1968 Garrie Cooper Elfin–Ford Fórmula Libre Resultados 1967 Rodney Seow Merlyn–Ford Fórmula Libre Resultados 1966 Lee Han Seng Lotus-Ford Fórmula Libre Resultados
Gañadores múltiples (pilotos)
Pilotos que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual. Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Nº de vitorias Piloto Anos 5 Sebastian Vettel 2011, 2012, 2013, 2015, 20194 Lewis Hamilton 2009, 2014, 2017, 2018 3 Graeme Lawrence 1969, 1970, 1971 2 Fernando Alonso 2008, 2010
Gañadores múltiples (construtores) Escudarías que están competindo no campionato de Fórmula Un na tempada actual. Fondo rosado indica un evento que non formaba parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.
Nº de vitorias Construtor Ano5 Ferrari 1970, 2010, 2015, 2019, 2023 Mercedes 2014, 2016, 2017, 2018, 2025 4 Red Bull 2011, 2012, 2013, 2022 3 McLaren 1969, 2009, 2024
Sponsors 2008-2013: SingTel Singapore Grand Prix' 2014–presente: Singapore Airlines Singapore Grand Prix
Galería
Véxase tamén
Circuíto urbano de Singapur
Notas e referencias
Ligazóns externas
Páxina oficial do Gran Premio de Singapur Gran Premio de Singapur de 2010 Singapore confirms 2008 night race FIA green light Singapore night race Asian Speed of Festival results Google Earth placemark of the circuit 1966 Singapore Grand Prix newsreel Singapore F1 Night Lighting FAQ
Categoría:Gran Premio de Singapur de Fórmula 1