Nightmare é o quinto álbum de estudio da banda americana Avenged Sevenfold, este foi producido por Mike Elizondo e mesturado por Andy Wallace en Nova York. É o último álbum da banda no que o seu batería The Rev puido participar.
Características O 28 de decembro de 2009 atopan morto na súa casa de Huntington Beach (Estados Unidos) a James "The Rev" Sullivan, o que fora ata esa data o batería da banda Avenged Sevenfold. Debido a isto, este non puido participar no proceso completo de gravación do álbum, mais conserváronse as gravacións que o músico fixera antes do seu falecemento, por iso, o álbum ten cancións como "Fiction" (a cal rematou 3 días antes da súa morte) cantadas por el. Trala perda, os demais membros decidiron pedir a Mike Portnoy de Dream Theater que susbtituíse a The Rev, xa que este é o músico que The Rev máis admiraba e lle influíra á hora de tocar.
Finalmente rematan na primeira metade de 2010 o álbum xunto a Mike Portnoy, e publícase o 27 de xullo de 2010. A morte do seu membro influíu nas cancións, obtendo un álbum escuro onde predomina a temática da morte. A banda fala deste álbum coma un álbum dedicado á morte de The Rev.
Cancións "Nightmare" - 6:16 "Welcome to the Family" - 4:05 "Danger Line" - 5:28 "Buried Alive" - 6:41 "Natural Born Killer" - 5:15 "So Far Away" - 5:26 "God Hates Us" - 5:19 "Victim" - 7:29 "Tonight the World Dies" - 4:41 "Fiction" - 5:12 "Save Me" - 10:56
A versión Deluxe do álbum contén ademais a canción "Lost It All" de duración 3:56. Tamén existen edicións limitadas do álbum que conteñen a demo da canción "Nightmare" e as versións instrumentais de tódalas cancións.
Sinxelos O 18 de maio de 2010 publican o primeiro single "Nightmare" como presentación do álbum. O segundo single é "Welcome to the Family", publicado en outubro de 2010. En abril de 2011 publican como novo single "So Far Away" que conta cun vídeo dedicado ao falecido The Rev e que foi dirixido por Wayne Isham.
O cuarto single é publicado o 20 de setembro e é unha versión non editada da canción "Buried Alive". Nun principio ata o fin do "Uproar Tour" (que levou á banda de xira por tódolos recunchos de Estados Unidos) non buscarían director para o novo vídeo, xa que pensaran en Rob Zombie mais este estaba moi ocupado na súa próxima película, The Lords of Salem. Tras rematar o "Uproar Tour" a banda comezou o "Buried Alive Tour" en norteamérica e cambian de idea respecto ao vídeo. Os membros da banda piden aos fans que graven a actuación da canción "Buried Alive" coas súas cámaras, no último concerto do tour que corresponde no "KCXX Very Merry Xmas Party" en Ontario (Canadá) o 17 de decembro de 2011, e despois publiquen os seus vídeos en YouTube, e estes serán utilizados para a realización do vídeo da mesma canción, o cal será publicado o 1 de xaneiro de 2012.
Créditos Avenged Sevenfold M. Shadows - voz. Synyster Gates - guitarra líder, coros. Zacky Vengeance - guitarra rítmica, coros. Johnny Christ - baixo. The Rev† - voz, batería, arranxos, coros
Músicos adicionais Mike Portnoy - batería. Brian Haner Sr. – guitarra acústica en "Tonight the World Dies" e "So Far Away". Sharlotte Gibson – coros en "Victim" David Palmer - piano e teclado en "Danger Line," "Save Me," "Tonight the World Dies," "Fiction," e "Nightmare" Stewart Cole - trompeta
Produción Producido por Mike Elizondo. Mesturado por Andy Wallace. Masterizado por Ted Jensen. Ilustracións por D.A. Frizell. Fotografía por Clay Patrick McBride Arte da portada por Travis Smith. Dirección artística e fotografía por Rafa Alcantara
Categoría:Álbums de Avenged Sevenfold Categoría:Álbums musicais de 2010 Categoría:Álbums de Warner Bros. Records