miniatura|Estrutura da sedoheptulosa, unha heptosa importante. Un heptosa é un monosacárido de sete átomos de carbono coa fórmula C7H14O7. As heptosas derivadas sedoheptulosa-7-fosfato e sedoheptulosa-1,7-difosfato interveñen na ruta da pentosa fosfato e no ciclo de Calvin da fotosíntese. As heptosas da serie D poden atoparse nos lipopolisacáridos das paredes bacterianas.
As heptosas poden ter un grupo aldehido (aldoheptosas), situado no carbono 1, ou un grupo cetona (cetoheptosas ou cetoheptulosas), situado no carbono 2 ou máis raramente no 3, 4 ou 5.
Aldoheptosas Teñen cinco carbonos asimétricos, polo que forman 16 pares de enantiómeros. Salientaremos as seguintes:
manoheptosa glicoheptosa L-glicero-D-mano-heptosa
500 px|centro
Cetoheptosas As cetoheptosas posúen catro átomos de carbono asimétricos e forman 8 pares de enantiómeros. As cetoheptosas coa función cetona en posición 2 son: aloheptulosa altroheptulosa sedoheptulosa manoheptulosaMannoheptulose sur MeSH guloheptosa idoheptulosa galactoheptulosa taloheptulosa
500 px|centro
Notas
Categoría:Carbohidratos Categoría:Monosacáridos