Fran Herbello, nado en Menziken (Suíza) en 1977, é un fotógrafo español.
Traxectoria En 1978 trasladouse coa súa familia a Aldán. Estudou na facultade de Belas Artes de Pontevedra, licenciándose en 2000. Nese mesmo ano publicou o seu primeiro libro, A imaxe e semellanza, e o Centro de Estudos Fotográficos organizou unha exposición itinerante do mesmo nome.
Participou en exposicións colectivas coma "Imaxes maiores" ou "Poéticas fotográficas en la era digital. Nifomanías-Infomanías". Esta última foi exposta en centros como o Centro cultural Conde Duque, Madrid 2002, na feira ARCO do 2002 ou na Galería Berini de Barcelona.
Fotografías súas foron incluídas no libro BLINK. 100 Photographers, 10 Curators, 10 Writers, publicado pola editorial Phaidon (Nova York, 2002).
Véxase tamén Bibliografía Folleto informativo da exposición "Mal de Corpo". Fundación Gonzalo Torrente Ballester, Santiago de Compostela 2005.
Ligazóns externas Entrevista a Fran Herbello por Xosé Manuel Lens Zonezero Alternative Museum Sitio Web de Fran Herbello
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Galegos de Suíza Categoría:Nados no cantón de Argovia Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1977