miniatura|Cruz celta no Quebec. Coñécese como Rexurdimento celta o revivir do interese pola cultura, os mitos, lendas e a literatura dos "pobos celtas" que se produciu en Europa na segunda metade do século XVIII e continuou durante o Romanticismo e parte do século XX.
Historia O interese polas culturas gótica e celta apareceu a mediados do século XVIIIStephen Walker, "Celtic Revival Crosses" , Celtic Arts Website, consultado o 22 de novembro de 2008 coas obras de Thomas Gray, influenciadas pola colección de poesía galesa publicada por Ieuan Brydydd en 1764. Foron moi populares influentes tamén os poemas pseudo-ossiánicos escritos por James Macpherson.
No século XIX publicáronse moitas traducións de obras das literaturas celtas, especialmente, os Mabinogion (Charlotte Guest, 1838-1849), o Barzaz Breiz e Os Bardos bretóns do século VI (Hersart de la Villemarqué, 1839-1850). En 1854 Ernest Renan publicou A Poesía das razas celtas, un estudo moi influente e en 1865-6 Mathew Arnold pronunciou unha serie de conferencias sobre a literatura celta en Oxford que vinculaba todas as literaturas celtas e contribuíu a promover a creación da cátedra de Celta nesta universidade en 1877.
Durante o XIX moitos escritores ingleses empregaron a temática celta, como Thomas Love Peacock, Tennyson e Gerard Manley Hopkins. En Escocia destacaron William Black e William Sharp (este co pseudónimo de Fiona Macleod). O rexurdimento foi especialmente vigoroso na Irlanda con autores como W. B. Yeats, "AE" (pseudónimo de George William Russell, Oliver St John Gogarty, Sean O'Casey e James Stephens. En Irlanda recibiu o nome de "Lusco-fusco celta".
Galicia 270px|miniatura|Gaiteiros galegos. Galiza tamén tivo o seu propio rexurdimento celta, coñeceuse como "celtismo" e o seu maior representante foi Eduardo Pondal. Durante a ditadura de Francisco Franco, tódalas formas da cultura galega foron suprimidas en favor da cultura española que estaba fortemente baseada na cultura andaluza. Esta época de negación cultural durou até a morte de Franco, en 1975, cando foi restaurada a democracia e todas as culturas do estado puideron florecer unha vez máis. Destacados músicos e agrupacións celtas son Carlos Núñez, Luar na Lubre e Susana Seivane. Hoxe en día, o Movemento de Rexurdimento Galaico ten como obxectivo revivir a lingua galaica.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Instituto Galego de Estudos Célticos
Bibliografía Brown, Terence (ed.), Celticism (1996), ISBN 90-5183-998-7. Castle, Gregory. Modernism and the Celtic Revival. Cambridge: Cambridge University Press, 2001. Foster, R. F. (1997). W. B. Yeats: A Life, Vol. I: The Apprentice Mage. Nova York: Oxford UP. ISBN 0-19-288085-3. Foster, R. F. (2003). W. B. Yeats: A Life, Vol. II: The Arch-Poet 1915–1939. Nova York: Oxford UP. ISBN 0-19-818465-4. Gardiner, M. (2005). Modern Scottish Culture. Edinburgh: Edinburgh University Press. ISBN 0-7486-2027-3. MacDonald, M. (2000) Scottish Art. Londres: Thames and Hudson. ISBN 0-500-20333-4.
Categoría:Historia da literatura Categoría:Nacionalismo celta