Chittagong (, Chôṭṭôgramé) é unha cidade de Bangladesh, a segunda en importancia trala capital, Dacca, situada no sueste do país a ourelas do río Karnaphuli, preto da súa desembocadura no Golfo de Bengala fronte ao Delta do Ganxes. Centro comercial e industrial da rexión agrícola circundante, conforma unha metrópole que supera os catro millóns de habitantes.
Coñecido porto dende a antigüidade, formaba parte do reino birmano de Arakan (na costa occidental de Myanmar) ata a época colonial, na que portugueses primeiro (s.XVI) e a Compañía Británica das Indias Orientais (s.XVII) despois fixeron de Chittagong unha base portuaria de importancia na rexión.
O forte crecemento nas últimas décadas vai asociado a unha zona económica especial na perspectiva de constituires o futuro nodo de transportes das rexións interiores dos países veciños (nordeste da India, norte de Myanmar, suroeste da China).
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial de Chittagong
Categoría:Cidades de Bangladesh