é un anime creado polo estudio de animación xaponés, Toei Animation como continuación oficial da franquía Dragon Ball, iniciada orixinalmente por Akira Toriyama. É unha serie derivada de Dragon Ball Z.

Sinopse A historia parte do final acontecido en Dragon Ball Z, unha década despois da vitoria dos guerreiros Z sobre Majin Boo. Así, Dragon Ball GT iníciase cando Pilaf logra atopar as Bólas do Dragón de estrela negra e o Shenron vermello converte accidentalmente a Son Goku en neno. Pouco despois, as bólas máxicas esparéxense polo universo enteiro e deben ser recollidas nun prazo menor a un ano ou a Terra será destruída.

Personaxes principais

Son Goku : É o protagonista da serie. En GT, con máis de 50 anos de vida, foi convertido en neno por un desexo de Pilaf, polo que ten que embarcarse nunha viaxe polo universo para atopar as Bólas máxicas antes dun ano Pan: A filla de Son Gohanda e neta de Goku logra agocharse na nave, acompañándoos na viaxe. Toranks: Fillo de Vexeta e Bulma, foi un dos elixidos para acompañar a Goku na viaxe. Vexeta: O rival de Goku, queda na Terra mentres el viaxa. É atacado e posuído por Bebé coa intención de destruír a Goku e a todos os Guerreiros do espazo. Gil Gil: É un robot que Goku e compaña atopan case sen enerxía durante a busca das Bólas do Dragón. Asimila o Radar do dragón para alimentarse. Acompaña ós heroes xa que é o único xeito de atopar as Bólas do Dragón. Bebé: O principal antagonista da saga. É un tsufur do antigo Planeta Plant (tamén coñecido como planeta Vexeta), cuxa única ambición é vingarse dos Guerreiros do espazo. Oob: é un dos guerreiros que axuda a Goku nas aventuras. Cando (coa axuda de Majin Boo) case morre polo poder de Bebé, Majin Boo sacrifícase para salvar a Oob fusionándose con el para formar un guerreiro máis forte, Majoob, e axuda a Pan e ó Señor Satán a sobrevivir no planeta infestado por Bebé. Son Gohanda: Fillo máis vello de Son Goku e pai de Pan, non ten unha maior participación na serie pero é considerado como un dos guerreiros máis poderosos, é controlado por Bebé para destruír a Son Goku, aparece como un sabio recoñecido. Son Goten: É o segundo fillo de Son Goku e o irmán máis novo de Son Gohanda, tampouco ten unha gran participación na serie debido á falta de adestramento, é posuído por bebé para destruír a Son Goku, ía a ser incluído na viaxe para acompañar a Goku e a Toranks e reunir as Bólas, pero antes de entrar na nave Pan acende o motor e é deixado na Terra por accidente. C-18: É a esposa de Krilín e a nai de Marron. Durante a saga Súper C-17 mata a Krilín ante os seus ollos. Decide vingar ó seu marido, pero é derrotada. Máis adiante axuda a Goku a destruír a Súper C-17, e finalmente derrótano xuntos.

Lista de episodios

Dobraxe Estudio: CTV S.A. (Santiago de Compostela) Data: 1997 Dirección: Antón Rubal. Elenco da dobraxe:

Personaxe Actor de dobraxe Actor orixinal (Seiyū)NarradorAntón RubalJōji YanamiSon GokuAntón RubalMasako NozawaSon Goku (neno)Ana OuroMasako NozawaPanAna SantosKōzō ShioyaToranks Nacho CastañoTakeshi KusaoVexetaSuso ÁlvarezRyō HorikawaBulmaAna LemosHiromi TsuruSon GohandaAntón Xa LópezMasako NozawaSon GotenNorberto VilanovaMasako NozawaChichiTeresa SantamaríaNaoko WatanabeVidelIsabel VallejoYūko MinaguchiBraCarolina VázquezHiromi TsuruMestre Mutenroi? (cap. 1)Hiroshi MasuokaMestre MutenroiFermín Encinar (cap. 64)Hiroshi MasuokaOobRaúl DansAtsushi KisaichiPiccoroCoté SansegundoToshio FurukawaKrilínÓscar FernándezMayumi TanakaC-18Ana LemosMiki ItōMaroonIsabel VallejoTomiko SuzukiC-17Antón OlmosShigeru NakaharaPilafMiguel López VarelaShigeru ChibaShuMatías BreaTesshō GendaMaiPatricia de LorenzoEiko YamadaBuXoán CarballidoKōzō Shioya DendeChema GaginoHiro YūkiSeñor PopoXosé María López Baño (Tanas)Toku NishioSeñor SatánFermín EncinarDaisuke GōriMestre KaiohXosé Ramón LojoJōji YanamiMestre KaiohMiguel López Varela (cap. 2)Jōji YanamiGil-GilXoán CarballidoShinobu SatōchiDon KirXosé María López Baño (Tanas)Kōji TotaniSheilaIsabel VallejoMegumi UrawaGaleXoán DiéguezYasuhiko KawazuLezickMatías BreaKazuyuki SogabeZunamaRamiro TaboadaFûrin ChaDomaAntón RubalNobuhiko KazamaLeenaIsabel VallejoMiki ItôSon ParaMatías BreaBin ShimadaBon ParaXoán DiéguezYukitoshi HoriDon ParaAlfonso AgraKazunari TanakaMute Mote/Varon MuteRamiro TaboadaTakeshi WatabeDoltakiXosé María López Baño (Tanas)Hirotaka SuzuokiDoutor MyuMiguel PernasKazuyuki SogabeXeneral LildeFermín EncinarKiyoyuki YanadaBebéCésar CambeiroYūsuke NumataNeno posuído por BebéXulia Diz?ParesCarolina VázquezNatsumi YanaseVello KaiohMiguel López VarelaReizō NomotoKibitokaiohChema GaginoShinichiro YodaSugoroMatías BreaBin ShimadaPresentador do torneoAntón OlmosYukimasa KishinoDoutor GueroRamiro TaboadaKōji YadaFreezerJulio LorenzoRyūsei NakaoCélulaAlfonso AgraNorio WakamotoLord EnmaXoán DiéguezDaisuke GōriNappaXoán DiéguezKiyoyuki YanadaDragón Shenron escuro?Daisuke GôriDragón 2 estrelasXoán CarballidoFûrin ChaDragón 5 estrelasXosé María López Baño (Tanas)Hirotaka SuzuokiPrincesa OttoNora AbadMasako KatsukiDragón 6 estrelasRamiro TaboadaRyûzaburô ÔtomoDragón 7 estrelasXoán DiéguezShin AomoriDragón 4 estrelasGonzalo FaíldeKen YamaguchiDragón 4 estrelasAlfonso Agra (substitución)Ken YamaguchiDragón 3 estrelasRamiro TaboadaKaneto ShiozawaDragón 1 estrelaXoán CarballidoHidekatsu ShibataDragón ShenronManuel BotanaKenji UtsumiTartarugaXoán CarballidoDaisuke Gōri

Véxase tamén Outros artigos Dragon Ball : O manga As bóla máxicas : A primeira parte do anime Dragon Ball Z : A segunda parte do anime Dragon Ball Z Kai : Adaptación remasterizada de Dragon Ball Z Xabarín Club Dragon Fall Neko Majin Z

Ligazóns externas Unrivaled Dragonball Site Toei Dragon Ball GT website

Categoría:Dragon Ball Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión en lingua xaponesa Categoría:Anime con versión galega Categoría:Series de televisión con versión galega