O lacón con grelos, tamén denominado lacoada, é un prato de carne típico da gastronomía de Galicia. É unha variedade de cocido, con lacón (ás veces tamén cachucha, ou con orella de porco, ou costelas deste animal) chourizos, patacas cocidas enteiras (cachelos) e grelos (ou, antes de fin de ano, nabizas).
É un dos pratos máis representativos deste país. Segundo Cunqueiro, "O lacón con grelos impúxose, xa é o prato maior da cociña galega".Cunqueiro, Álvaro (1973): A cociña galega. Vigo: Galaxia. ISBN 84-7154-181-5, páx. 47. E para Jorge Víctor Sueiro, "O lacón con grelos é, coa allada, o máis universal da cociña galega".Sueiro, Víctor-Jorge (1981): Comer en Galicia. Madrid: Penthalon Ediciones. Col. "Textos lúdicos de Pantagruel". ISBN 84-85337-32-8, páx. 152.
Historia dereita|miniatura|Cartel anunciando a festa do lacón con grelos en Cuntis, estrada N-640. O lacón con grelos nos seus inicios comíase sobre todo durante a celebración do entroido, ao ser esta a mellor época para os grelos.
Pero máis tarde estendeu o seu período de consumo desde o San Martiño (11 de novembro) até o martes de Entroido ou martes lardeiro. Nos meses de inverno ofértase nos restaurantes, nas tabernas, e cómese nas casas particulares e, cando uns amigos deciden un xantar comunal, fan unha laconada.Cunqueiro, A., Op. cit., páx. 44.
E cos novos hábitos de cultivar determinadas plantas case todo o ano, e coas novas técnicas de conservación, combinando nabizas e grelos, hoxe xa é posíbel encontrar este suculento manxar diariamente en moitos restaurantes galegos e nalgúns do resto de España.Sueiro, J.-V., Op. cit., páx. 152.
Elaboración miniatura|Grelos, as segundas follas do nabo (especie Brassica rapa).
Os seus principais ingredientes son o lacón e os grelos, brotes do nabo (grelos) en cuco extremo aparecen as flores. A súa aparencia é a dun caule máis ou menos groso, do que saen algunhas follas e, no ápice, as flores. Acompáñase o cocido con chourizo e cachelos e ás veces, con orella ou cachucha, e touciño (se o lacón non ten demasiado, e é do gusto dos comensais).
Comeza cocéndose o lacón, unha hora despois de que a auga da ola estea fervendo, os grelos Se os grelos son de Monfero ou de Lugo, convén escaldalos antes de metelos na ola onde coce o lacón para quitarlles o exceso de amargor; de seren de Santiago, non é necesaria esta operación. e, algo máis tarde, as patacas e os chourizos.
Outras formas de comer o lacón con grelos
Algúns prefiren comer o lacón frío. "Si lográsemos que o serviran así, con puré de castañas, máis ben espeso!", pedía Cunqueiro.Cunqueiro, A., Op. cit., páx. 48.
O lacón está moi ben frío, só ou acompañado duns grelos quentes. Tamén, xa frío, pódese prensar, mechar e trufar, "que é receta de moito señorío de Lugo, e aínda se pode pedir nalgún restaurante da cidade".
Notas
Véxase tamén Outros artigos Porco Matanza do porco Cocido Lacón Grelo Ligazóns externas Web del Consejo Regulador I.G.P. Lacón Gallego C.R.I.X.P. "Lacón Gallego"
Categoría:Cocidos Categoría:Gastronomía de Galicia Categoría:Tapas de Galicia