Maurice Tabard, nado en Lión o 12 de xullo de 1897 e finado en Niza o 23 de febreiro de 1984, foi un fotógrafo francés.
Traxectoria Comezou a estudar para músico pero non tivo éxito, con dezasete anos o seu pai matriculouno no Instituto de Fotografía de Nova York e comezou a traballar nesta cidade. Tras a morte do pai, en 1922 ensinou algúns retratos ao fotógrafo Bachrach que traballaba na Quinta Avenida e proporcionoulle acceso a unha clientela selecta. Posteriormente converteuse en fotógrafo oficial do presidente Calvin Coolidge.
Véxase tamén Bibliografía Xavier Canonne, Maurice Tabard, le géomètre, Musée de la Photographie à Charleroi, ISBN 2-87183-044-4
Categoría:Fotógrafos de Francia Categoría:Nados en 1897 Categoría:Finados en 1984 Categoría:Nados en Lión