Morgan Parra, nado Metz (Francia) o 15 de novembro de 1988, é un xogador francés de rugby. A súa posición no campo é medio de melé aínda que ás veces tamén xoga como apertura. Traxectoria Parra debutou no Top 14 en 2006 xogando no Bourgoin. En 2008, con só 19 anos, xogou o seu primeiro encontro coa Selección de rugby de Francia. O ano seguinte asinou un contrato co ASM Clermont Auvergne, co cal chegou ese ano á final do Top 14.
En 2010 Parra foi unha peza importante na vitoria do XV do Galo no torneo das 6 Nacións, e na vitoria de ASM Clermont por vez primeira na liga francesa de rugby.
Na Copa do Mundo de Rugby 2011 foi un dos xogadores mais salientables da súa selección, acadando o subcampionato do mundo.
EquiposTempadasTítulosCS Bourgoin 2006 - 2009 ASM Clermont 2009 - 1 Top 14 (2010)XV do Galo 2008 - 1 Seis Nacións (2010) Véxase tamén Outros artigos ASM Clermont Auvergne Selección de rugby de Francia Top 14 Ligazóns externas Perfil do xogador na web do torneo 6 Nacións
Categoría:Xogadores de rugby de Francia