Auckland Rugby Football Union é o organismo que regula as competicións de rugby na rexión de Auckland, en Nova Zelandia. O seu equipo representativo é un dos 14 equipos rexionais que compoñen o campionato nacional de liga (chamado ITM Cup por razóns económicas), unha das competicións de rugby máis importantes do mundo.
Palmarés O Auckland RFU é o equipo máis laureado da liga neozelandesa de rugby. Competicións nacionais ITM Cup (16) = 1982, 1984, 1985, 1987, 1988, 1989, 1990, 1993, 1994, 1995, 1996, 1999, 2002, 2003, 2005, 2007 Ranfurly Shield = 16 conquistas e 148 defensas Competicións internacionais Ver Super Rugby e Auckland Blues.
Estadio 450px|miniatura|esquerda|Vista do Eden Park de Auckland. Eden Park é o estadio no que xoga os seus encontros como local o Auckland RFU. É un recinto cunha capacidade superior a 50.000 persoas.
Neste estadio tamén disputa os seus encontros o conxunto de Auckland Blues do Super Rugby, e nalgunhas ocasións nel tamén se disputan encontros de crícket.
A primeira vez que Auckland RFU xogou un encontro no Eden Park foi en 1925. 260px|dereita|miniatura|Rexións do rugby en Nova Zelandia. O estadio foi ampliado por última vez en 2009 con motivo da disputa da Copa do Mundo de Rugby 2011 en Nova Zelandia.
Xogadores históricos Ó longo da historia do rugby neozelandés, Auckland RFU é o equipo que máis xogadores internacionais achegou á Selección de rugby de Nova Zelandia. Algúns dos xogadores máis importantes foron Wilson Whineray, Carlos Spencer, Zinzan Brooke, Michael Jones, Sean Fitzpatrick, Grant Fox, John Kirwan, Doug Howlett, Keven Mealamu ou Ali Williams.
Véxase tamén Outros artigos ITM Cup Ranfurly Shield Auckland Blues
Categoría:Equipos de rugby de Nova Zelandia