dereita|miniatura|Necrolóxica en El Pueblo Gallego.

Daniel de la Sota Valdecilla, nado en Ceceñas (Medio Cudeyo, Cantabria) o 9 de xuño de 1877 e finado en Pontevedra o 11 de febreiro de 1958,"¡Ha muerto D. Daniel de la Sota!", El Pueblo Gallego, 13 de febreiro de 1958. foi un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria Chegou a Pontevedra como capitán do Corpo de Enxeñeiros, co obxecto de construír o Cuartel de San Fernando (na actual Facultade de Belas Artes de Pontevedra) e outros recintos militares."El fallecimiento del Excelentísimo Sr. D. Daniel de la Sota y Valdecilla", Faro de Vigo, 13 de febreiro de 1958 Foi presidente da Deputación de Pontevedra entre os anos 1924 e 1930. En 1927 ofreceulle un local á Misión Biolóxica de Galicia e esta trasladouse a Pontevedra. Tamén en 1927 colabora na creación do Museo de Pontevedra. Foi o primeiro presidente da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra (1930).

Vida persoal Casou con María Teresa Martínez Correa, e foi pai de Alejandro, María, Luisa e Ramón de la Sota.Marínez Casal en Xenealoxía Foi soterrado en Salcedo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Rúa Daniel de la Sota

Categoría:Presidentes da Deputación de Pontevedra Categoría:Nados en Medio Cudeyo Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes