O condado de Fenosa é un título nobiliario galego, creado en 1955 por Francisco Franco.

Historia En 1955 o xefe do estado español instaurou o título de conde de Fenosa para recompensar o empresario coruñés Pedro Barrié de la Maza. Este foi o seu primeiro titular.

Ao falecer este sen descendencia directa en 1971, o título pasou a súa muller, Carmela Arias Díaz de Rábago. Cando esta faleceu en 2009 o título quedou vacante temporalmente. Porén, a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica solicitou a anulación do título por ser creado e concedido inicialmente durante o franquismoEl condado de Fenosa sigue vacante tres meses después de fallecer Carmela Arias , DAPENA, S., Xornal, 2/2/2010.. En 2011 o sobriño da antiga condesa, Xosé María Arias herdou o título.

Titulares 1955-1971. Pedro Barrié de la Maza. 1971-2009. Carmela Arias. 2011-2023. Xosé María AriasOrde JUS/1836/2011, de 15 de xuño , BOE, 2/7/2011..

Notas

Fenosa