A Provincia de Simbu, tamén chamada Chimbu, é unha das provincias da Papúa-Nova Guinea. A capital é a cidade de Kundiawa. Cunha área de 6.100 km² posúe unha poboación de 259.703 habitantes (2000), dando unha densidade de poboación de 42,6 habitantes por quilómetro cadrado. O Monte Wilhelm, o punto máis elevado de Papúa-Nova Guinea, áchase nos límites de Simbu.
Simbu, dito Sipuuuu no dialecto local, significa "grazas". Esta provincia encóntrase na cordilleira central das Terras Altas de Papúa-Nova Guinea. Comparte fronteiras xeográficas con cinco provincias: Occidente, Eastern Highlands, Southern Highlands, Golfo e Madang.
Simbu é unha provincia con recursos naturais limitados e o terreo é montañoso e moi accidentado. O progreso económico da provincia é menos destacable que o doutras. É unha fonte importante de café.
Hai tres escolas secundarias na provincia: a Escola Secundaria Kondiu Rosary, a Escola Secundaria Yauwe Moses e a Escola Secundaria Kerowagi.
Distritos
Esta provincia fracciónase en varios distritos:
Chauve Gumine Karimui-Nomane Kerowagi Kundiawa-Gembogl Sina Sina-Yonggomugl
Categoría:Provincias de Papúa-Nova Guinea