Eastern Highlands, Highlands Orientias ou Terras Altas do Leste, é unha das provincias da Papúa-Nova Guinea. A capital da provincia é a cidade de Goroka.

Conta cunha superficie de 11.200 quilómetros cadrados e unha poboación de 432.972 habitantes (2000), o que dá unha densidade de poboación de 24,7 habitantes por quilómetro cadrado.

Ten fronteiras coas provincias papúas de Madang, Morobe, Gulf e Simbu.

Distritos miniatura|dereita|300px|Mapa dos distritos da Provincia de Eastern Highlands. Esta provincia fracciónase en varios distritos:

Daulo Goroka Henganofi Kainantu Lufa Obura-Wonenara Okapa Unggai-Bena

Linguas Existen unha vintena de linguas na provincia. Estas son: Goroka: gahuku-Asaro, benabena, siane, alekano Henganofi: kamano-kafe Kainantu: kamano, gadsup, agarabi, tairora Lufa: yagaria, gimi Marawaka: baruya, simbari, yagwoia Okapa: fore, gimi, auyana

Véxase tamén https://web.archive.org/web/20080704101843/http://www.easternhighlands.com.pg/facts.htm

Categoría:Provincias de Papúa-Nova Guinea