A Barrela é unha pequena vila da parroquia de Lousada, no concello de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2018 tiña 220 habitantes (112 mulleres e 108 homes), 5 máis ca en 2017 e 2016, 18 máis ca en 2010 (100 mulleres e 98 homes) e un máis ca en 1999.
Na Barrela, capital do concello de Carballedo desde o 24 de decembro de 1992, atópanse os diferentes servizos, amais da casa consistorial, como a farmacia ou o centro de saúde. O día da feira é o 13 de cada mes.
Na Barrela naceu en 1906 María Isaura Vázquez, máis coñecida como Maruxa Villanueva. Tamén está moi ligada á Barrela a actriz María Vázquez, por ser a terra da súa nai e avós, e o escultor Buciños que tivo moitos anos un obradoiro na vila.
Toponimia Barrela vén do termo prerromano + o diminutivo -ela. O termo "barra" podería referirse a unha casa baixa e de pouca altura, un depósito de leña ou palla no pallar ou unha cama de táboas..
A Barrela na cultura popular
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Santiago de Lousada
Parroquias de Carballedo
Notas
Categoría:Lugares de Carballedo Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía