As guerras médicas foron unha serie de conflitos que enfrontaron os gregos cos persas (confundidos polos gregos cos medos, outro pobo iraniano) durante a primeira metade do século V a. C.. En particular, as guerras médicas refírense a unha ou ás dúas invasións persas do territorio grego europeo en 490 a. C. e 480 - 479 a. C.. Non todos os gregos loitaron contra os persas; algunhas cidades-estado foron neutrais e outras aliáronse con Persia.

O que sabemos hoxe sobre este conflito deriva fundamentalmente de fontes gregas (principalmente Heródoto) e, en menor medida, dalgúns escritores romanos.

Antecedentes do conflito Os gregos do período clásico crían que, na época escura que seguiu ao colapso dos Micenos, varios grupos de gregos emigraron cara a Asia Menor e instaláronse alí Thucydides I, 12 Os historiadores modernos aceptan, polo xeral, esta migración como histórica (pero a diferencian da posterior colonización grega do Mediterráneo).Snodgrass, pp. 373–376Thomas & Contant, pp. 72–73 Porén, hai quen pensa que a migración xónica non pode ser explicada de xeito tan sinxelo como fixeron os gregos.Osborne, pp. 35–37 Estes colonos pertenceron a tres grupos tribais: Eolios, Dorios e Xónicos.Herodotus I, 142–151 Os xónicos establecéronse na costa de Lidia e Caria, fundando doce cidades que formaron Xonia Estas cidades foron Mileto, Miunte e Priene en Caria; Éfeso, Colofón, Lébedos, Teos, Clazómenas, Focea e Eritras, Xonia en Lidia; e as illas de Samos e Quíos.Herodotus I, 142 Malia que as cidades xónicas foron independentes unhas doutras, recoñecían que compartían un pasado e supostamente tiñan un templo común e un lugar de reunión, o Panionion.Hall, p. 68 Formaron unha liga cultural, na que non admitían a outras cidades, ou incluso a outras tribos xónicas.Herodotus I, 143Herodotus I, 148

As cidades de Xonia permaneceron independentes ata que foron conquistadas polos lidios de Asia Menor. O rei Aliates II atacou Mileto, e o conflito rematou co tratado de alianza entre Mileto e Lidia, que significou que Mileto tería autonomía interna pero seguiría a Lidia nos asuntos externos.Herodotus I, 22 Neste momento, os lidos estaban tamén en conflito co Imperio Medo, e Mileto enviou un exército para axudar aos lidios neste conflito. Estableceuse un tratado de paz entre Medos e Lidia, no que o río Halys establecía o límite entre ambos reinos.Herodoto I, 74–75 O rei lidio Creso sucedeu ao seu pai Aliates arredor do ano 560 a. C. e conquistou outras cidades de Asia Menor.Herodotus I, 26

O príncipe persa Ciro liderou unha rebelión contra o último rei dos Medos Astiaxes no ano 553 a. C.. Ciro era o neto de Astiaxes e recibiu o apoio de parte da aristocracia meda. Cara ao 550 a. C., a rebelión estaba finalizada e Ciro saíu vitorioso, fundando así o Imperio Achemida.Holland, pp. 9–12. Creso viu este conflito como a oportunidade para expandir o seu reino e preguntou ao Oráculo de Delfos se debía atacar. O Oráculo respondeu cunha resposta ambigua se conducía un exército cara ao leste e cruzaba o río Halis, destruiría un imperio.Herodotus I, 53 Cego ante a ambigüidade da profecía, Creso atacou os persas, pero foi derrotado e o Lidia pasou ás mans de Ciro.Holland, pp. 13–14. Por cruzar o Halis, Creso destruíu efectivamente un grande imperio, o seu.

miniatura|300px|O Imperio Persa na súa máxima extensión.

Mentres loitaba cos lidios, Ciro II enviou mensaxes aos xonios animándoos a que se levantasen contra o dominio dos lidios, algo que os xonios rexeitaron.Herodotus I, 141 Cando Ciro rematou a conquista do Reino de Lidia, as cidades xonias ofreceron ser os seus vasalos baixo as mesmas condicións que tiveran con Creso. Ciro rexeitou, citando a negativa xonia de axudalo cando llo pediu. Os xonios preparáronse entón para defenderse a si mesmos, e Ciro enviou ao xeneral medo Harpago para conquistalos.Herodotus I, 163 Harpago atacou primeiro Focea, onde os seus cidadáns decidiron abandonar a cidade e partir cara ao exilio en Sicilia, antes que pasar a ser vasalos dos persas (aínda que máis adiante algúns regresaron).Herodotus I, 164 Algúns dos habitantes de Teos tamén decidiron emigrar cando Harpago atacou a súa cidade, pero o resto dos xonios permaneceron nos seus dominios e foron conquistados.Herodoto I, 169

Nos anos que seguiron as conquistas, os persas viron as dificultades de gobernar aos xonios. Nalgún lugar do seu imperio, Ciro II atopou uns grupos de elite, como os sacerdotes de Xudea, para que o axudaran a gobernar aos seus novos vasalos. Nas cidades gregas non existía ningún grupo así nese momento. Os persas instauraron un tirano en cada cidade xonia. Na antigüidade algúns estados gregos foron dirixidos por tiranos, pero esta forma de goberno estaba en declive.Fine, pp. 269–277. Na véspera das guerras médicas, é probable que a poboación xonia estivera descontenta e lista para a rebelión.Holland, pp. 155–157.

A revolta de Xonia dereita|miniatura|300px|O Imperio Persa no -490. A revolta de Xonia representa un episodio decisivo cara á confrontación entre gregos e persas. Ten por orixe a vontade de Darío I de controlar as fontes de aprovisionamento de trigo e de madeiras de construción naval de Grecia. Para isto debe atacar, coa axuda de continxentes gregos xonios, nun primeiro momento aos escitas, que fundaran un poderoso imperio na Rusia meridional e cuxas relacións comerciais cos gregos eran frutuosas e activas. Tamén está, sen dúbida, o desexo de controlar a ruta do comercio do ouro, extraído dos montes Urais ou de Siberia e co cal os escitas facían un gran comercio. Certamente a expedición contra os escitas foi un gran fracaso, ao aplicaren estes a táctica da terra queimada ante o exército persa. O exército persa escapa mesmo do desastre e do perigo de ser cercados grazas á lealdade do continxente grego que garda a ponte sobre o Danubio.

Con todo, Darío asegurouse o goberno de Tracia, mentres que o rei Amintas I de Macedonia recoñece a soberanía de Persia (513 a. C.). En 508 a. C., é a illa de Samotracia a que cae baixo o xugo persa. Mesmo Atenas solicita sobre o 508 a. C. a alianza persa. Desta campaña Darío tira a conclusión de que pode contar coa fidelidade dos gregos xonios. Estes, pola súa banda, estiman que poden revirarse sen moitos riscos contra a dominación persa, xa que a expedición contra os escitas demostrou que o imperio aqueménida non era invulnerable.Philip Huyse, La Perse antique, Les Belles Lettres,‎ 2005

As orixes da revolta miniatura|300px|Desenvolvemento da guerra

Xonia sofre nos seus intereses con esta dominación. Está constituída por doce cidades gregas fundadas desde polo menos o século VIII a.C: Mileto, Éfeso, Focea, Clazómenas, Colofón, Priene, Teos, Quíos, Samos, Eritras, Miúnte e Lébedos.http://www.perseus.tufts.edu/hopper/text?doc=Hdt.+1.142 Cómpre engadir as cidades da Eólida, rexión situada ao noroeste de Xonia, entre elas a de Esmirna. Estas cidades, das que se apoderara Ciro II a través do seu xeneral Harpago cara ao ano 540 a. C, eran prósperas no momento da conquista. Despois só Mileto dera concluído un tratado de amizade que lle aseguraba unha relativa independencia.Pierre Briant, Histoire de l'empire perse, Fayard,‎ 1996 Con todo, é Mileto quen está na orixe do levantamento do ano 499 a. C.

Porén a dominación persa non é asoballante. Cada cidade conserva as súas institucións coa condición expresa de aceptar e manter o tirano grego ou o sátrapa ou funcionario persa que ao «Gran Rei» lle prouguese mandar. Darío I e os seus sucesores respectan os costumes dos diferentes pobos do seu imperio e encárganse por veces de chamaren á orde aos funcionarios celosos. Pero Mileto sente ameazada a súa prosperidade coa chegada dos persas.Herodotus V, 31

Desde o 512 a. C, o Mar Negro é un «lago persa», a Tracia volveuse unha satrapía. Pero Mileto fornécese nela de trigo e de todo tipo de materias primas. A isto engádese que o pobo de Mileto viu partir os seus «intelectuais», que emprenden a fuxida ante a dominación persa. Os persas aparecen, aos ollos de numerosos gregos xonios, como bárbaros reticentes aos «encantos» da civilización grega, xa que conservan a súa lingua, a súa relixión e os seus costumes. Por último, a colonización persa fecha o acceso dos mares setentrionais no momento en que Síbaris, o porto de depósito occidental de Mileto, cae baixo os ataques de Crotona (510 a. C). Ademais os persas favorecen sistematicamente aos rivais fenicios de Tiro e Sidón.

Finalmente a toma de Bizancio polos persas péchalle os estreitos e o comercio cara ao Ponto Euxino.Michel Kaplan, Le Monde Grec, Histoire ancienne, Bréal,‎ 2010 Sen dúbida tamén cómpre lembrar o rexeitamento en certas clases sociais da tiranía como réxime político. Cando estoupa a revolta ten como primeira consecuencia, en numerosas cidades, a evicción dos tiranos e a proclamación da isonomía.

O papel de Mileto e a busca de axuda da Grecia europea A soberanía volve a ser unha prioridade. Esta aspiración de liberdade tiña como teórico a Aristágoras de Mileto. Baixo a bandeira da liberación, xunta as cidades xónicas. O obxectivo de recuperar Bizancio e Chipre aos persas semella realista e move aos gregos de Asia á revolta. Esta prepárase en gran secreto en Naxos e en Mileto. O tirano desta última é Histieo, retido en Susa por Darío, e cuxo home de confianza, que dirixía a cidade na súa ausencia, é o seu xenro Aristágoras, sobriño dun antigo tirano da cidade. Este nun primeiro momento alíase cos persas para recuperar Naxos (500 a. C.), que se rebelara, pero xorde rapidamente a inimizade co xeneral persa.

Nese momento recibe consellos de Histieo que o animaba a se rebelar contra Darío. Sen dúbida, tamén teme levar a responsabilidade do fracaso ante Naxos. Tras un tenso consello dos milesios, onde so a voz discordante de Hecateo, un predecesor de Heródoto, se opuña ao proxecto, Aristágoras brandiu o estandarte da revolta (499 a. C.) e apodérase de varias naves persas ou fenicias. Proclama daquela a igualdade das cidades xónicas. Pero esta alianza carece dun proxecto claro e, sobre todo, de medios; cómpre, pois, esperar a axuda da Grecia de Europa.

Aristágoras parte no inverno de 499 a. C. a Grecia continental para solicitar unha axuda militar. O momento é pouco propicio porque Esparta está dividida pola rivalidade dos dous reis Cleómenes I e Demarato. Canto a Atenas, estase recuperando con traballo das convulsións que ocorreron como consecuencia da aplicación das reformas de Clístenes de Atenas. Finalmente só dúas cidades responden á chamada, Atenas (20 barcos) e Eretria (5 barcos) por recoñecemento cara a Mileto, que noutrora a axudara contra Calcis. En total isto non representa máis que 2 000 homes. Ás cidades gregas de Europa o problema parécelles afastado e os conflitos locais considéranse máis importantes.

As etapas do conflito Con todo, os persas han precisar seis anos para sufocar a rebelión. En efecto, os primeiros combates son favorábeis aos xonios. A frota grega desfai a frota fenicia tras un primeiro combate nas costas de Panfilia, sen dúbida sobre o 498 a. C.. En terra, os persas prepáranse a cercaren a cidade de Mileto cando Caropino, o irmán de Aristágoras, coa axuda do continxente ateniense, organiza unha manobra de distracción e arrasa Sardes, a antiga capital de Creso, que era a sede dunha satrapía. Pero na volta o sátrapa Artafernes, que cercaba Mileto, intercéptaos nas alturas de Éfeso e consegue a vitoria (primavera de 498 a. C.).