miniatura|dereita|300 px|Dermatán sulfato.
O dermatán sulfato ou sulfato de dermatán é un heteropolisacárido pertencente ao grupo dos glicosaminoglicanos, que se atopa principalmente na pel, pero tamén nos vasos sanguíneos, válvulas cardíacas, tendóns, pulmóns e noutros tecidos.
Está formado por unha unidade disacárida repetida constituída por unha N-acetilgalactosamina sulfatada no carbono 4 e un ácido L-idurónico (substituído algunhas veces polo ácido glicurónico) Bruce Alberts et al. Biología Molecular de la célula. Omega. (1986). Páxina 754. ISBN 84-282-0752-6, que están unidas por enlace O-glicosídico α-1,3. O ácido idurónico orixínase por epimerización do ácido glicurónico. Tamén se poden atopar na molécula restos de galactosa e xilosa. A molécula non está ramificada e está unida a proteínas formando proteoglicanos. Sintetízase no aparato de Golgi e excrétase fóra da célula.
Antes, o dermatán sulfato denominábase condroitín sulfato B, pero esta denominación xa case non se usa.
Función O dermatán sulfato pode intervir na coagulación sanguínea como anticoagulante Glicosaminoglicanos en hemostasia: Acción del dermatán sulfato sobre el sistema fibrinolítico, enfermidades cardiovasculares, carcinoxénese, infeccións, curación de feridas, e fibrose.
Patoloxía O dermatán sulfato acumúlase anormalmente en varios dos trastornos chamados mucopolisacaridoses Mucopolisacaridosis con afectaciones del sistema nervioso, como na enfermidade de Hurler, causada por un defecto no encima lisosómico alfa-L-iduronidase, e excreción urinaria excesiva de heparán sulfato e dermatán sulfato.
Un exceso de dermatán sulfato na válvula mitral da autrícula esquerda do corazón é característica da dexeneración mixomatosa das valvas da válvula, que orixina finalmente o prolapso da válvula mitral e insuficiencia cardíaca. Este prolapso crónico aparece principalmente en mulleres de máis de 60 anos, e pode predispoñer ao paciente a unha calcificación anular mitral.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ácido idurónico idosa
Ligazóns externas PubChem: Dermatan Sulfate Human Metabolome Database: Dermatan KEGG: Dermatan sulfate
Categoría:Carbohidratos Categoría:Polisacáridos Categoría:Glicosaminoglicanos Categoría:Ésteres sulfato