O Gran Premio de Suráfrica correuse por primeira vez como Gran Premio de automobilismo en 1934 no Circuíto Prince George en East London , provincia de Eastern Cape. Chamou a atención dos mellores pilotos da Europa como Bernd Rosemeyer, Richard "Dick" Seaman, Richard Shuttleworth e o gañador de 1939 Luigi Villoresi.

A segunda guerra mundial puxo fin á carreira, pero foi restablecida en como parte da tempada de Fórmula Un. Foi unha popular carreira de F1, pero a competición quedo en suspenso logo da polémica da carreira de 1985, debido á política de apartheid.

Tras o fin do apartheid en 1991, celebráronse dúas carreiras máis en e . Bernie Ecclestone deu a entender que a Fórmula Un pode volver a Suráfrica, posiblemente en Cidade do Cabo.

Historia A primeira carreira de F1 de Suráfrica levouse a cabo o 29 de decembro de 1962 na pista de East London. Levouse a cabo alí de novo en e . En , a carreira trasladouse a Kyalami, onde permanecería mentres que o Gran Premio de Suráfrica foi oficial no calendario da Fórmula Un. Un total de 23 Grandes Premios de F1 celebráronse entre e a carreira final en .

Aquí sucedeu un dos accidentes máis terribles da historia, coa morte de Tom Pryce. A morte de Pryce produciuse na volta 22 do Gran Premio de Kyalami de 1977, cando non puido esquivar ao comisario de pista Jansen Von Vuuren, ao intentar este e outro comisario máis cruzar a pista para apagar o lume que se xerou alén do trazado no coche do piloto italiano Renzo Zorzi, compañeiro de Tom no equipo Shadow. O impacto provocou a morte instantánea do comisario, e a mala fortuna quixo ademais que o extintor que este portaba impactase na cabeza de Pryce, semidecapitándoo e matándoo no acto. O impacto produciuse a máis de 200 km/h, e o Shadow de Price continuou varios metros máis por inercia ata que impactou co coche do francés Jacques Laffite (Ligier).

A carreira de foi vítima da guerra FISA-FOCA. Como non se puido chegar a un acordo coa FISA para o Gran Premio se executase como unha proba do Campionato do Mundo de Fórmula Un, ou como unha proba non de campionato, escenifícase como unha carreira oficial de Fórmula Libre. En consecuencia, foi impugnada unicamente polos equipos asociados á FOCA. Con vehículos que non cumprían estritamente coas regulacións da Fórmula Un de 1981.

Entrando na década de 1980, os coches turbo comezaron a dominar o Gran Premio. Debido á grande altitude do rápido circuíto de Kyalami (aprox. 1.828 metros sobre o nivel do mar) os motores turbo de indución forzada podían regular a cantidade de aire que entraba no motor, mentres que os motores de aspiración normal non podían, en 1982 os motores turboalimentados tiñan unha vantaxe en cabalos de forza, de 150 CV, sobre os motores de aspiración normal, o equipo Renault dominou as carreiras dos anos e .

A carreira de 1985, estivo envolta na controversia internacional, os países comezaron a boicotear os eventos deportivos de Suráfrica debido á segregación racial no país, chamada apartheid. Algúns gobernos intentaron prohibir asistir aos pilotos, e os equipos Ligier e Renault boicotearon a carreira en liña co Goberno francés. Con todo os pilotos franceses Alain Prost e Steriff Philippe, ámbolos dous en equipos británicos, tomaron parte.

foi o último Gran Premio de Suráfrica ata o final do apartheid, o presidente da FIA Jean-Marie Balestre anunciou uns días despois da carreira que o Gran Premio non regresaría á Suráfrica por mor de apartheid.

Despois do fin do apartheid en 1991, a Fórmula Un volveu a Kyalami para dous Grandes Premios en e .

Os gañadores do Gran Premio de Suráfrica thumb|right|Circuíto Prince George (construído en 1959) thumb|right|250px|Trazado de todas as versión do Circuíto Prince GeorgeMarrón = 1934, Azul = 1936, Negro = 1959 thumb|right|250px|Kyalami (construído en 1967) thumb|right|250px|Kyalami (construído nos inicios da década de 1990s)

Gañadores múltiples (pilotos) Pilotos en letra grosa aínda compiten no campionato de Fórmula Un O fondo de cor rosa indica que unha carreira non formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un.

Gañados Piloto Ano 4 Jim Clark 1961, 1963, 1965, 1968 3 Niki Lauda 1976, 1977, 1984 2 Jackie Stewart 1969, 1973 Carlos Reutemann 1974, 1981 Nigel Mansell 1985, 1992 Alain Prost 1982, 1993

Gañadores múltiples (construtores) O fondo de cor rosa indica que a carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Equipos en letra grosa que seguen competindo no campionato da Fórmula Un Gañados ConstrutorAno 6 Lotus 1961, 1963, 1965, 1966, 1968, 1978 4 Ferrari 1971, 1976, 1977, 1979 Williams 1981, 1985, 1992, 1993 2 Maserati 1934, 1939 Cooper 1960, 1967 Brabham 1970, 1983 Tyrrell 1973, 1975 Renault 1980, 1982 McLaren 1972, 1984

Por ano O fondo de cor rosa indica que a carreira non forma parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un''

Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Alain Prost Williams-Renault Kyalami Resultados Nigel Mansell Williams-Renault Resultados 1991-1986 Non celebrado Nigel Mansell Williams-HondaKyalami Resultados Niki Lauda McLaren-TAG Resultados Riccardo Patrese Brabham-BMW Resultados Alain Prost Renault Resultados 1981 Carlos Reutemann Williams-Ford Kyalami Resultados René Arnoux RenaultKyalami Resultados Gilles Villeneuve Ferrari Resultados Ronnie Peterson Lotus-Ford Resultados Niki Lauda Ferrari Resultados Niki Lauda Ferrari Resultados 20px Jody Scheckter Tyrrell-Ford Resultados Carlos Reutemann Brabham-Ford Resultados Jackie Stewart Tyrrell-Ford Resultados Denny Hulme McLaren-Ford Resultados Mario Andretti Ferrari Resultados Jack Brabham Brabham-Ford Resultados Jackie Stewart Matra-Ford Resultados Jim Clark Lotus-Ford Resultados Pedro Rodríguez Cooper-Maserati Resultados 1966 Mike Spence Lotus-Climax East London Resultados Jim Clark Lotus-Climax East London Resultados 1964 Non celebrado Jim Clark Lotus-ClimaxEast London Resultados Graham Hill BRM Resultados 1961 Jim Clark Lotus-Climax East London Resultados 1960Houbo dous grandes premios de Suráfrica en 1960.Reference Stirling Moss Porsche East London Resultados Paul Frère Cooper-Climax East London Resultados 1959-1940 Non celebrado 1939 20px Luigi Villoresi Maserati 6CMEast London Resultados 1938 Buller Meyer Riley Resultados 1937 Pat Fairfield ERA-B Resultados 1936 20px Mario Massacuratti Bugatti 35B Resultados 1935 Non celebrado 1934 Whitney Straight Maserati 8CM 3.0L East London Resultados

Notas

Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 desaparecidos Categoría:Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1