Miguel Ángel Pérez García, nado no Grove o 11 de abril de 1958, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Funcionario e tamén cociñeiro. Foi concelleiro polo PPdeG no Grove dende 1991, mandato que iniciou na oposición e rematou como goberno. En 1999 foi elixido alcalde, e foi reelixido en 2003. En 2007 perdeu a alcaldía e foi xerente do Parque de Bombeiros do Salnés. En 2011 volveu encabezar a candidatura do PPdeG que foi a máis votada obtendo sete concelleiros pero sen maioría absoluta. Miguel Ángel Pérez volveu ser elixido alcalde grazas ao apoio dos concelleiros Alfredo Bea (PGD) e Aida Filgueira (AMeca).
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais no Grove
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia Noticia en Faro de Vigo Noticia en Faro de Vigo
Categoría:Alcaldes do Grove Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados no Grove Categoría:Nados en 1958 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes