O Raja Club Athletic (ou Raja Casablanca) é un club deportivo da cidade marroquí de Casablanca, fundado en 1949, máis coñecido polos éxitos da súa sección de fútbol. Considerado un equipo do pobo, durante moitos anos tivo fama de practicar bo fútbol sen acadar títulos. Non obstante, a súa sorte cambiou a partir de finais dos anos 80. Nos últimos 20 anos tense convertido nun dos equipos máis laureados de África.

O Raja (Raja significa esperanza) xoga os seus encontros como local no Stade Mohamed V de Casablanca, un estadio con capacidade para acoller 70.000 seareiros, o cal ten que compartir co seu gran rival, o Wydad Athletic Club.

A cor do club é o verde, que leva na camisola, no pantalón e nas medias.

Palmarés Títulos nacionais Liga marroquí de fútbol (12) = 1988, 1996, 1997, 1998, 1999, 2000, 2001, 2004, 2009, 2011, 2013, 2020 Copa de Marrocos (7) = 1974, 1977, 1982, 1996, 2002, 2005, 2012

Títulos internacionais Liga de Campións da CAF (3) = 1989, 1997, 1999 Copa da CAF (1) = 2003 Supercopa da CAF (1) = 2000

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Raja

Categoría:Equipos de fútbol de Marrocos