José Jesús Ramos Ledo, nado en Taboada o 28 de abril de 1944, é un mestre, e político galego do PPdeG.
Traxectoria Mestre, foi director do CPI de Taboada durante 32 anos. Foi tamén director da Cooperativa A Medela e Presidente do Taboada C.F., cargos que ostentaba simultaneamente (xunto co de director do colexio) e que abandonou cando accedeu por primeira vez á alcaldía.
En 1983 presentouse ás eleccións municipais en Taboada encabezando a lista de Coalición Galega, que foi a máis votada conseguindo seis concelleiros, pero unha coalición entre Alianza Popular e o PSOE facilitou a alcaldía para Alianza Popular. En 1987 presentouse por Alianza Popular, obtendo oito concelleiros, a maioría absoluta e a alcaldía. Repetiu a maioría absoluta nas sucesivas eleccións presentándose polo PPdeG. Foi deputado provincial encargado de Educación e Deporte durante máis de oito anos.
En 2002 foi denunciado polo voceiro socialista no consistorio por falsidade documental e ocultación de información, sendo xulgado en 2006.
En xullo de 2009 renunciou á alcaldía para ser Xefe territorial da Consellería de Educación na provincia de Lugo, sendo sucedido por Ramiro Moure. En xuño de 2013 abandonou a presidencia da agrupación local do PP e en 2014 xubilouse.
Premios
2021: Billó de Ouro miniatura|Premios Billó de Ouro 2024 en Chantada: Anxo González Guerra (Billó de Ouro 2023), Pegerto Torres Hermida (Billó de Ouro 2022), Iñaki Castiñeira Alemany (Billó de Ouro 2024) e José Jesús Ramos Ledo (Billó de Ouro 2021)
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Taboada
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Alcaldes de Taboada Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Taboada Categoría:Nados en 1944 Categoría:Políticos de Coalición Galega