O Gran Premio de Corea (coreano: 코리아 그랑프리) foi unha carreira Fórmula 1 celebrada en Corea do Sur, desde ata , cando abandonou o calendario de Fórmula Un.
Historia
A carreira disputaríase no Circuíto Internacional de Corea. Tamén se puxo de manifesto que a carreira sería promovida por unha empresa público-privada. O acordo é por sete anos cunha opción de cinco anos que asegure que a carreira se celebrará ata o ano 2021.
A pesar desta confirmación, o Gran Premio de Corea do Sur non se incluíu en ningún dos calendarios provisionais de 2010. Tras a aprobación de fondos para a carreira, programouse esta para o 17 de outubro do 2010 no calendario publicado pola Federación Internacional do Automóbil (FIA) o 21 de setembro de 2009. O 10 de decembro de 2009, os organizadores da carreira anunciaron que estarían listos na data prevista, cun plan para acabar o circuíto o 5 de xullo de 2010, aínda que admitiron que o seu maior problema radicaba na procura de aloxamento para todo o persoal e os espectadores da Fórmula Un. Os organizadores tamén descartaron a posibilidade de realizar a carreira de noite, polo menos ata que teñan máis coñecementos e experiencia na xestión dun Gran Premio. A pesar da confirmación, había aínda o risco de que o circuíto non chegara a tempo, isto foi negado polo promotor da carreira, quen dixo que o circuíto ía estar antes do previsto.
Logo de varios adiamentos, a FIA programou unha inspección final do circuíto o 11 de outubro de 2010, 13 días antes de que o Gran Premio de Corea fose programado para comezar a carreira. Logo da inspección da FIA, o director de carreira Charlie Whiting declarou que a carreira ía seguir adiante.
Os pilotos de Fórmula Un fixeron comentarios positivos sobre o novo circuíto, con varios comentarios de que parece a unha pista interesante e desafiante.
Cancelación Un calendario preliminar para a tempada indicaba unha data provisional para o Gran Premio de Corea, pero a carreira omitiuse do calendario final para 2014.
Inicialmente, a carreira non se incluíu no calendario provisional de , un calendario posterior publicado en decembro de 2014 deu ao Gran Premio de Corea un espazo o 3 de maio de 2015, movendoo desde cara ao final do calendario en anos anteriores, cara ao inicio do calendario. O 12 de decembro de 2014, Bernie Ecclestone dixo que o Gran Premio de Corea debía agregarse ao calendario de 2015 por motivos legais, citando obrigacións contractuais, pero que os organizadores non estaban interesados en albergar a carreira. Máis tarde anunciouse que a FIA eliminouno do calendario porque os organizadores non desexaban aloxalo. Tiñan plans de revivir o Gran Premio de Corea en , pero tampouco se materializaron.
Gañadores Ano Piloto Construtor Circuíto Resultados Sebastian Vettel Red Bull Racing Circuíto Internacional de Corea Resultados Sebastian Vettel Red Bull Racing Circuíto Internacional de Corea Resultados Sebastian Vettel Red Bull Racing Circuíto Internacional de Corea Resultados Fernando Alonso Ferrari Circuíto Internacional de Corea Resultados
Notas
Ligazóns externas
Páxina oficial
Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 Categoría:Grandes Premios de Fórmula 1 desaparecidos