Juan Antonio Correa Calderón, nado en Lugo en 1907 e finado na mesma cidade en 1962, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria Fillo do médico e escritor Antonio Correa Fernández. Estudou o bacharelato no instituto de Lugo, onde dirixiu o semanario infantil El Ideal en 1917 e publicou en 1918, con outros compañeiros, a revista Juvenilia. Licenciouse en Dereito na Universidade de Oviedo. En 1931 fundou en Lugo co seu irmán Evaristo o periódico Vanguardia Gallega, do que foi director. Despois colaborou no xornal conservador Alborada.
Afiliouse á Falange luguesa en 1935 e despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado Xefe local da Falange de Lugo.
Obras Treinta poemas en prosa para los treinta días del mes de abril, Lugo, 1933.
Véxase tamén
Ligazóns externas Ficha en galegos.info Pequena biografía
Categoría:Xornalistas de Lugo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Falanxistas Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1962 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes