miniatura|dereita|300 px|Paromomicina. Nome IUPAC: (2R,3S,4R,5R,6S)-5-amino-6-[(1R,2S,3S,4R,6S)-4,6-diamino-2-[(2S,3R,4R,5R)-4-[(2R,3R,4R,5R,6S)-3-amino-6-(aminometil)-4,5-dihidroxi-oxan-2-il]oxi-3-hidroxi-5-(hidroximetil)oxolan-2-il]oxi-3-hidroxi-ciclohexil]oxi-2-(hidroximetil)oxano-3,4-diol.
A paromomicina é un antibiótico do grupo dos aminoglicósidos, que foi illado por primeira vez na década de 1950 da bacteria Streptomyces krestomuceticus. Utilízase en forma de paromomicina sulfato e tamén se chama monomicina e aminosidina e coñécese co nome comercial Humatin.
Indicacións É un antibiótico indicado en medicina e veterinaria principalmente para combater as infeccións intestinais protozoarias criptosporidiose,Sweetman S.C. (Editor). (2002). Martindale: the complete drug reference. 33rd ed. London: Pharmaceutical Press amebíase,Richard D. Howland, Mary Julia Mycek, Richard A. Harvey, Pamela C. Champe. Pharmacology (en inglés). Publicado por Lippincott Williams & Wilkins, 2005. ISBN 0-7817-4118-1.Entamoeba histolytica amoebiasis e leishmaníase. En veterinaria tamén se pode utilizar para tratar a tuberculose causada por microorganismos resistentes aos fármacos de primeira liña.
Adminístrase por inxección intramuscular ou en cápsulas.
Modo de acción A paromomicina inhibe a síntese proteica ao unirse ao ARN ribosómico de 16 S do ribosoma.
Historia e dispoñibilidade Demostrouse a efectividade da paromomicina contra a leishmaníase cutánea en estudos clínicos realizados na antiga URSS na década de 1960, e en estudos sobre leishmaníase visceral a principios dos anos 1990.
O seu uso terapéutico como tratamento contra a leishmaníase visceral foi desenvolvida polo Institute for OneWorld Health. Á paronomicina déuselle o status de medicamento orfo en 2005, o que quere dicir que a súa fabricación non é rendible por tratar doenzas que afectan a un número pequeno de persoas e que pode recibir subvencións estatais para o seu desenvolvemento. Foi aprobada polo Drug Controller General of India en setembro de 2006 para o tratamento da leishmaníase visceral.
Desde febreiro de 2008 a compañía que a fabricaba nos Estados Unidos, King Pharmaceuticals, cesou a súa produción de Humatin (nome comercial da paromomicina), pero continúan fabricándoa outras compañías. En Europa pode conseguirse en farmacia con receita médica Lista de medicamentos por principio activo..
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aminoglicósidos Antibióticos
Categoría:Carbohidratos Categoría:Antibióticos Categoría:Aminoglicósidos