Intruders é un filme dirixido por Juan Carlos Fresnadillo que se estreou no 2011.
Sinopse Juan, un neno de sete anos, vive nun barrio humilde de Madrid e ten unha imaxinación desbordante. Polas noites, sofre pesadelos nos que un intruso sen faciana o ataca salvaxemente, sen que a súa nai poida facer nada para evitalo. Mentres tanto, Mia, unha adolescente londiniense de doce anos, le ós seus compañeiros de clase o misterioso conto de CaraHueca, un monstro obsesionado cos nenos. Ese mesmo día, John Farrow, o seu pai, sofre un accidente no rañaceos en construción onde traballa. A vida das dúas familias, aínda que separadas por moitos quilómetros, dará un xiro: os intrusos xa se instalaron nas súas casas e intentan desesperadamente arrebatarlles algo ós nenos.
Personaxes Clive Owen como John Farrow Carice van Houten como Susanna Kerry Fox como Doutora Rachel Ella Purnell como Mia Mark Wingett como Avó Lolita Chakrabarti como Doutor Roy Izan Corchero como Juan Daniel Brühl Adam Leese Raymond Waring Pilar López de Ayala
Galardóns e nomeamentos 2011: San Sebastián: Sección oficial non competitiva - Inauguración.
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes dirixidos por Juan Carlos Fresnadillo Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes de Atresmedia Cine