Ramón Tojo Lens, nado na Meana, parroquia de Sorribas (Rois) en 1965, é un empresario e político galego do PPdeG.
Traxectoria Fillo de Enrique Tojo, que foi alcalde de Rois polo PPdeG entre 1990 e 2003, é empresario do sector madeireiro. En 2007 presentouse por primeira vez encabezando a candidatura do PPdeG no concello de Rois e foi elixido alcalde con maioría absoluta. En 2011, 2015, 2019 e 2023 volveu revalida-la alcaldía con maioría absoluta.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Rois
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Rois Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Rois Categoría:Nados en 1965 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes