Jaime Dávila Sánchez, nado en Ribadavia en 1924 e finado na mesma vila o 12 de novembro de 2019, foi un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria Exerceu como avogado en Ribadavia. Foi presidente do Club Artístico de Ribadavia. Concelleiro de Ribadavia dende 1955,El Pueblo Gallego, 10-2-1955, p. 9. foi nomeado alcalde de Ribadavia en agosto de 1964 tomando posesión o 28 de agosto.El Pueblo Gallego, 1-9-1964, p. 9. Permaneceu no cargo até xullo de 1970. Tamén foi deputado provincial. Volveu ser nomeado alcalde de Ribadavia na Transición. En 1995 encabezou a candidatura do PPdeG ao concello de Ribadavia e foi a forza máis votada, sendo elixido alcalde co apoio de dúas candidaturas independentes. Permaneceu como alcalde ata 1999, cando optou por non presentarse á reelección. Finou en Ribadavia o 12 de novembro de 2019.Ribadavia recuerda a Jaime Dávila Sánchez como un buen alcalde
Vida persoal Casou con Pilar Padrón Cendón.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais en Ribadavia
Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2019 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes