Adamawa é un estado da República Federal de Nixeria.
É un dos estados máis extensos de Nixeria, con 36 917 km2. Limita polo noroeste co Estado de Borno, polo oeste co estado de Gombe, polo suroeste co estado de Taraba e polo leste con Camerún. Segundo unha estimación do ano 2006, vivían en Adamawa 3 168 101 persoas.
Posúe 21 Áreas de Goberno Local: Fufore Ganye Gombi Guyuk Hong Jada Shelleng Demsa Madagali Maiha Mayo-Belwa Michika Mubi Numan Song Mubi-South Jimeta Girei Toungo Lamurde Yola
Historia
O estado foi creado en 1991, baixo o réxime militar de Ibrahim Babangida, en territorios antes pertencentes ao desaparecido estado de Gongola. Debe o seu nome ao líder da etnia fulani, Madibbo Adama, quen liderou no século XIX unha revolta musulmá contra os colonizadores británicos."States of Nigeria: Adamawa" NigeriaGalleria.com
Economía
A súa economía é fundamentalmente agrícola, con cultivos de cacahuetes e algodón. Tamén se cultiva millo, millo miúdo, iñame e arroz. Os pobos fulani practican a gandaría de modo nómade.
Notas
Categoría:Estados de Nixeria