Roberto Vázquez Souto, nado en 1953, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Administrativo. Nas eleccións municipais de 1987 foi o número 2 da candidatura do CDS en Portas, encabezada por Juan Manuel López Barreira, a cal logrou a vitoria e asumiu o goberno, sendo tenente de alcalde. Nas municipais de 1991 encabezou a candidatura do PPdeG, sendo a máis votada con 5 concelleiros, pero non logrou a alcaldía dado que o entón alcalde Juan Manuel López Barreira encabezou a candidatura de Independentes Parroquias Unidas de Portas e conservou a alcaldía grazas a un pacto co PSdeG-PSOE. Porén, ó ano seguinte presentou unha moción de censura co apoio do candidato tránsfuga do PSdeG José Antonio Gómez Iglesias e o 15 de maio de 1992 foi elixido alcalde15 de maio de 1992. En 1995 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. En 1999, 2003 e 2007 revalidaría a alcaldía novamente con maioría absoluta. En abril de 2010 foi inhabilitado por un ano por un delito de negociacións prohibidas aos funcionariosO alcalde de Portas, condenado a un ano de inhabilitación, aínda que finalmente foi absolto.
Nas municipais de 2011 logrou de novo a maioría absoluta e resultou reelixido alcalde. En xullo de 2012 abandonou o PPdeG, xunto con todo o seu equipo de goberno, tras ser condenado por delito fiscal e polo tanto buscar eludir a expulsión do partido ou a súa dimisión como alcalde. Desta forma o equipo de goberno continuou á fronte do concello como non adscritos o resto do mandato. Nas eleccións municipais do ano 2015 encabezou a candidatura independente VUPRoberto Vázquez intentará revalidar la alcaldía lejos del PP en el Veciños Unidos de Portas. www.farodevigo.es, 15/02/2015 , a cal resultou ser a segunda forza máis votada tras o PPdeG, polo que perdeu a alcaldía en favor do candidato dita formación Víctor Estévez Casal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Portas
Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Portas Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1953