Industrias Pesqueras é unha revista editada en Vigo dende 1927, unha das máis antigas do sector a nivel mundial.
Historia Fundada por José Barreras Massó, comezou a publicarse o 15 de abril de 1927, baixo a dirección de Fernando de Miguel Rodríguez e, posteriormente, Valentín Paz-Andrade."En 1940 ingresé en la redacción de la revista Industrias Pesqueras, dirigida por Valentín Paz Andrade" , F. del Riego. Na sección de conservas, e despois na dirección, traballou Francisco Fernández del Riego.[http://www.fundacionconservamar.es/drupal/sites/default/files/estela.pdf "...adquirí la información y la formación suficiente para encargarme en Industrias Pesqueras de la sección de conservas...] ", F. del Riego. Contou desde os primeiros números con colaboradores gráficos como Castelao ou Maside. Alfonso Paz-Andrade foi tamén, durante unha época, o seu director.
Ten unha tiraxe de máis de 5 000 exemplares. No ano 2002 conmemorouse o seu 75 aniversario cunha exposición no Museo do Mar de Galicia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Industria Conservera Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas IndustriasPesqueras.com
Categoría:Revistas editadas en Galicia Categoría:Revistas españolas do século XX Categoría:Revistas españolas do século XXI