miniatura|dereita|Estrutura química do glicolaldehido. O glicolaldehido (HOCH2-CH=O), tamén chamado 2-hidroxiacetaldehido ou 2-hidroxietanal, é a menor molécula posible que conteña á vez un grupo aldehido e un grupo hidroxilo (OH). Considérase unha diosa, a única posible, é dicir un monosacárido de dous átomos de carbono, aínda que as diosas non cumpren estritamente a definición de monosacárido.

Formación O glicolaldehido é un intermediario na reacción formosa (formosa é a contracción de formaldehido e aldosa), que consiste na formación de azucres a partir de aldehidos.

O glicolaldehido pode formarse a partir de diversos precursores, incluíndo o aminoácido glicina.

Pode tamén formarse a partir da frutosa-6-fosfato por acción do encima transcetolase nunha variante da ruta da glicólise, chamada ruta da pentosa fosfato. Na reacción a frutosa-6-fosfato escíndese en eritrosa-4-fosfato e glicolaldehido (o cal está formado polos carbonos 1 e 2 da frutosa-6-fosfato). O glicolaldehido é transferido polo coencima pirofosfato de tiamina (especializado na transferencia de grupos aldehido) na ruta da pentosa fosfato ; o glicolaldehido permanece unido ao pirofosfato de tiamina no encima, formando o chamado glicolaldehido activo W. McGilvery. Conceptos Bioquímicos. Google Books.

No metabolismo da urea pode formarse glicolaldehido. Dúas moléculas de glicolaldehido poden condensar para formar eritrosa-4-fosfato, que ingresa na vía da pentosa fosfato.

O glicolaldehido no espazo Detectouse a presenza de glicolaldehido no espazo interestelar. Foi identificada a molécula nunha nube xigante de gas e po situada preto do centro da nosa galaxia, a Vía Láctea, e máis recentemente nunha rexión onde se están formando estrelas , o que indica que as reaccións químicas que teñen lugar no espazo orixinan moléculas orgánicas. O glicolaldehido podería ser unha molécula importante na orixe da vida, xa que pode orixinar ribosa, o azucre do ARN, ao reaccionar coa acroleína .

Notas

Véxase tamén Outros artigos Diosa Triosa

Categoría:Bioquímica Categoría:Carbohidratos