Nome da primeira letra do alfabeto grego (ἄλφα); equivale ao /a/. Minúscula α, maiúscula Α. Adoita transcribirse como a. O seu nome provén do da primeira letra do alfabeto fenicio ’alef. Como signo numérico representaba o un. En maiúscula serve tamén para designar o primeiro canto da Ilíada de Homero e en minúscula o primeiro da Odisea.

A letra α é usada como símbolo para: En física, o coeficiente de dilatación ou coma nome para unha partícula resultado da desintegración atómica; En relixión, representación do principio de todo (en contraposición a ω , o fin) En fisioloxía, motoneurona que innerva as fibras extrafusais dos músculos.

Véxase tamén Outros artigos Ɑ, alfa latino

Categoría:Letras gregas