Manuel Seoane Rodríguez, nado na Peroxa en 1954, é un empresario e político galego do PPdeG.

Traxectoria Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE na Peroxa e foi elixido alcalde grazas ao apoio de Unidade Galega. Nas municipais de 1983 revalidou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta, novamente á fronte do PSdeG-PSOE. Posteriormente, abandonou as filas socialistas e pasou a formar parte de Centristas de Galicia, presentándose pola coalición desta formación con Alianza Popular nas municipais de 1987 e revalidando a alcaldía con maioría absoluta. Nas municipais de 1991 presentouse pola coalición conformada por Centristas de Galicia, Convserxencia Centrista, revalidando novamente a alcaldía con maioría absoluta. Trala integración de Centristas no Partido Popular, en decembro de 1991, pasou a formar parte desta formación e revalidou a alcaldía á fronte desta nas sucesivas eleccións municipais que tiveron lugar dende entón, sempre con maioría absoluta.

En xuño de 2011 asumiu presidencia do equipo de fútbol Club Deportivo Ourense, en substitución de Juan Pérez Gómez, manténdose ata xuño de 2012.

Vida persoal É pai do xogador de fútbol Xavi Seoane.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais na Peroxa

Ligazóns externas Artigo en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes da Peroxa Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Presidentes do CD Ourense Categoría:Nados na Peroxa Categoría:Nados en 1954 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes