José Manuel Pose Santamaría, nado o 15 de abril de 1977, é un adestrador de fútbol galego.
Traxectoria Despois de adestrar entre outros equipos o Dorneda CF, na tempada 2010–11 dirixiu a SD O Val, en Preferente Autonómica. En outubro de 2011 foi contratado como adestrador do Betanzos CF, en substitución de Óscar Gilsanz, debutando en Terceira División "Pose firma por el Betanzos hasta final de temporada" e realizou unha campaña histórica no club. Máis tarde, firmou un contrato co Negreira en 2014 e mantivo ao club na Terceira División. Tras tres anos no club, decidiu non renovar.
O 2 de xaneiro de 2018 foi presentado como novo adestrador do CF Noia, de Terceira División, en substitución de Jaime Sánchez."José Manuel Pose confía en conseguir la salvación del Noia" O 19 de marzo de 2019 foi cesado, por falta de confianza da directiva."José Manuel Pose abandona el banquillo del Noia" O seu substituto foi José Manuel Martínez "Secho"."Secho recala en el Noia con el imperativo de lograr el ascenso"
Dende a temporada 2021/22 traballou para as categorías inferiores do Deportivo da Coruña coordinando a metodoloxía da canteira. Ó final da temporada 2022/23 desvinculouse do club branquiazul, coincidindo coa marcha de Fran González da área de Abegondo.
É profesor de táctica na Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol. Colaborou en medios de comunicación como La Voz de Galicia, RadioVoz e Radio Marca.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do adestrador en lapreferente.com
Categoría:Nados en 1977 Categoría:Adestradores de fútbol de Galicia Categoría:Adestradores do Betanzos CF Categoría:Adestradores do SD O Val Categoría:Adestradores do SD Negreira Categoría:Adestradores do CF Noia