Antonio Fernández Angueira, nado na Ponte (Iria Flavia, Padrón) o 4 de xullo de 1975, é un avogado e político galego do PPdeG.
Traxectoria Avogado de profesión, especializado en Dereito tributario e financeiro, abriu o seu primeiro despacho no Milladoiro en 2003, e posteriormente outros bufetes con outros socios en Padrón e A Estrada. Nas eleccións municipais de 2007 foi candidato na lista do PPdeG de Padrón encabezada por Jesús Villamor Calvo e foi elixido concelleiro, sendo o portavoz na oposición. Nas municipais de 2011 encabezou a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. En xuño de 2012 estableceu un pacto de goberno cos concelleiros do Partido Galeguista, ata que estes racharon o pacto en marzo de 2014, polo que volveu gobernar en minoría. Nas eleccións municipais de 2015 volveu ser elixido alcalde como cabeza da lista máis votada e gobernou en minoría ata marzo de 2017, cando volveu establecer un pacto de goberno cos concelleiros do Partido Galeguista.
En decembro de 2017 os membros do PG integráronse no PPdeGEl PP aprueba la nueva gestora de Padrón, que incorpora a seis personas del PGD, polo que concurriron xuntos baixo as siglas populares nas municipais de 2019 e volveu acadar a alcaldíaConcello de Padrón na FEGAMP, nesta ocasión con maioría absoluta. Nas municipais de 2023 foi derrotado polo PSdeG e perdeu a alcaldía en favor do candidato socialista Anxo Arca.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Padrón
Ligazóns externas Entrevista en El Correo Gallego
Categoría:Alcaldes de Padrón Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Padrón Categoría:Nados en 1975 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes