Mystic River é un filme estadounidense dirixido por Clint Eastwood que se estreou no 2003. Baséase na novela Mystic River de Dennis Lehane. Estreouse en galego na TVG o 31 de maio de 2009. Foi traducido ó galego por Rosa Camiña.

Sinopse Cando Jimmy Markum (Sean Penn), Dave Boyle (Tim Robbins) e Sean Devine (Kevin Bacon) eran uns nenos que medraban xuntos nun perigoso barrio obreiro de Boston, pasaban os días xogando na rúa. Pero, un día, a Dave ocorreulle algo que marcou para sempre a súa vida e as dos seus amigos. Vinte e cinco anos máis tarde, outra traxedia vólveos unir: o asasinato de Katie (Emmy Rossum), a filla de 19 anos de Jimmy. A Sean, que é policía, asígnanlle o caso; pero tamén ten que estar moi pendente de Jimmy porque, na súa desesperación, está intentando tomarse a xustiza pola súa man.

Personaxes Sean Penn como Jimmy Markum Tim Robbins como Dave Boyle Kevin Bacon como Sean Devine Laurence Fishburne como Sarxento Whitey Powers Marcia Gay Harden como Celeste Boyle Laura Linney como Annabeth Markum Kevin Chapman como Val Savage Tom Guiry como Brendan Harris Emmy Rossum como Katie Markum Spencer Treat Clark como Ray Harris Adam Nelson como Nick Savage Robert Wahlberg como Kevin Savage Edward O'Keefe como Sacerdote da comuñón Jenny O'Hara como Esther Harris John Doman como Condutor Connor Paolo como Xove Sean Devine Cayden Boyd como Michael Boyle Jonathan Togo como Pete Will Lyman como Axente do FBI Birden Ari Graynor como Eve Pigeon Ken Cheeseman como amigo de Dave no bar Michael McGovern como xornalista 75 Eli Wallach como Mr. Loonie Paul Barber como o home da entrega

Galardóns e nomeamentos 2003: 2 premios Oscar: Oscar ó mellor actor (Sean Penn), actor secundario (Tim Robbins). 6 nomeamentos. 2003: 2 Globos de Ouro: Mellor actor (Penn), actor secundario (Robbins). 5 nomeamentos. 2003: 4 nomeamentos ós BAFTA: Mellor actor, actor secundario, actriz secundaria, guión adaptado. 2003: Festival de Cannes: Premio Golden Coach (Clint Eastwood). 2 nomeamentos. 2003: Premios Cesar: Mellor filme estranxeiro. 2003: Nomeada ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro. 2003: 2 premios National Board of Review: Mellor actor (Penn) e filme.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Clint Eastwood Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de Malpaso Productions Categoría:Filmes de Village Roadshow Pictures Categoría:Filmes ambientados en 1975 Categoría:Filmes ambientados en 2000 Categoría:Filmes sobre pedofilia Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes de 2003 con versión en galego