Gonzalo Pérez Villaverde, nado en Outes o 24 de outubro de 1934, é un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre. Foi nomeado alcalde de Outes en 1973. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de UCD á alcaldía de Outes, que tivo once escanos, os Independentes tiveron cinco e o PSOE só un, e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Alianza Popular, obtivo trece concelleiros e foi elixido alcalde. Nas municipais de 1987 acudiu ás eleccións pola Coalición Progresista Galega, conseguiu doce concelleiros e volveu ser elixido alcalde. Nas municipais de 1991 foi o candidato do PPdeG e volveu obter a maioría absoluta, agora só con nove concelleiros, e volveu ser elixido alcalde. Nese mandato foi deputado provincial. En 1995 retirouse como candidato e foi substituído por Carlos López Crespo como cabeza de lista do PPdeG, o cal logrou a alcaldía con maioría absoluta.

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Outes

Ligazóns externas Artigo en La Voz de Galicia

Categoría:Profesores de Galicia

Categoría:Alcaldes de Outes

Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais da Coruña

Categoría:Nados en Outes

Categoría:Nados en 1934