Josama Alén Ponte, nado na Coruña o 19 de setembro de 1980, é un xogador galego de hóckey a patíns que xoga na posición de defensa e se atopa sen equipo. Traxectoria Josama comezou a práctica do hóckey a patíns aos sete anos no equipo do colexio Compañía de María da cidade herculina, pasando posteriormente ao HC Liceo, club co cal debutou no primeiro equipo. Na tempada 2007-08 asinou polo CP Tenerife, club ao cal estivo vencellado dúas tempadas e co que se proclamou campión da Copa CERS. Tras unha aventura frustrada no Vigo Stick (debeu abandonar antes de tempo a causa dos problemas económicos que provocaron a desestruturación do equipo), esa mesma tempada (2009-10) asinou polo HC BorbollaJosama Alen: ´Me atrajo la ilusión. Luchar por el ascenso es muy motivante´ da Coruña xa coa tempada comezada para tentar conseguir o ascenso á Primeira División Estatal, conseguindo o obxectivo. Na tempada 2010-11, aínda nas filas do club de Monte Alto, non puido evitar o descenso de categoría. No verán do 2011 asinou polo Club Patín Cerceda, xogando unha tempada no club cercedense.
Josama foi tamén doce veces internacional coa selección española nas categorías júnior e sub 23.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Josama Alén en hoqueipatins.cat
Categoría:Xogadores de hóckey a patíns de Galicia Categoría:Xogadores do H.C. Liceo Categoría:Xogadores do CP Cerceda Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes