miniatura|dereita|Composición da melecitosa en relación con outros azucres.
A melecitosa ou melicitosa é un oligosacárido do grupo dos trisacáridos formado por tres unidades monosacáridas: glicosa-frutosa-glicosa, unidas por enlace O-glicosídico. Está presente no mel, melazas e no zume elaborado de numerosas árbores e plantas. É un compoñente das gotas de líquido azucrado que expulsan polo seu abdome diversos insectos áfidos (pulgóns), que chuchan o zume elaborado das plantas.
Descubrimento A melecitosa descubriuse no zume elaborado do alerce ou lárice (Pinus larix) en 1883 por Bonastre en Francia William Ward Pigman. Advances in Charbohydrate Chemistry. Google books. O seu nome procede do nome do alerce en francés, que é méléze.
Estrutura A melecitosa é un trisacárido composto por dúas unidades de glicosa e unha de frutosa, e pode describirse como unha glicosa unida ao disacárido turanosa por enlace β(2-1)α ou como o disacárido sacarosa unido a unha glicosa por enlace α(1-3).
O nome do trisacárido é pois: Glc α(1-3)Fru β(2-1)α Glc.
Propiedades A melicitosa é un sólido que funde a 153 °C, é soluble en auga quente, e ten unha masa molar de 504,44 g/mol .
A melecitosa é un azucre non redutor . A hidrólise total de melecitosa produce 2 moles de glicosa e un de frutosa. A hidrólise parcial produce glicosa, sacarosa e turanosa (sacarosa e turanosa son disacáridos isómeros).
A melecitosa posúe un sabor doce e o seu poder edulcorante, a igual concentración, é superior ao da maltosa pero inferior ao da frutosa.
Unha gran variedade de insectos reaccionan positivamente á presenza de melecitosa . As formigas (Lasius niger) teñen unha sensibilidade ao sabor da melecitosa superior ao que teñen pola sacarosa.
Mel e melaza miniatura|esquerda|300px|Pulgóns produtores de gotas de melaza sobre unha póla de abeto Picea abies. A melecitosa é un constituínte menor do mel, como a rafinosa ou a turanosa, e supón arredor do 2,2% no mel dalgunhas abellas como a Apis dorsata. Os meles de melaza (mel de abeto) conteñen aínda unha proporción maior de melecitosa, de ata o 5%Produits apicoles (manual suízo). Unha concentración elevada de melecitosa no mel (10%-12%) orixina a cristalización do mel (chamada ás veces "mel de cemento"), impedindo que as abellas a consuman en inverno, o que mingua a súa poboación.Du miel de miellat cristallisé dans les hausses et les corps de ruche.. comment réagir? 1re partie: hivernage sur du miel de miellat cristallisé. Journal Suisse d'apiculture 82 (12), 1985, 438-446 Provoca diarreas nos humanos.
A melecitosa é o principal azucre constituínte das pingas azucradas expulsadas polo abdome dos insectos chuchadores do zume elaborado das plantas (áfidos). Producido por hidrólise, permite aos insectos reducir o seu estrés osmótico dentro do seu corpo. A presenza de melecitosa nestas pingas atrae ás formigas e ás abellas, favorecendo unha relación simbiótica entre os áfidos e as formigas, xa que os áfidos alimentan con esta azucre ás formigas e as formigas protexen aos áfidos dos depredadores.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xentianosa Oligosacáridos
Ligazóns externas GLYCAN: G00456 Melezitose www.Genome.net COMPOUND: C08243 Melezitose www.Genome.net
Categoría:Carbohidratos Categoría:Oligosacáridos Categoría:Adozantes