Aurelio Joaniquet Extremo nado en Forcat (concello hoxe integrado en Montanuy, na provincia de Huesca) en 1895 e finado en Barcelona en 1963, foi un periodista e político aragonés, que durante o franquismo ocupou os cargos de Conselleiro Nacional do Movemento e Procurador en Cortes.Congreso de los Diputados. Índice Histórico

Traxectoria Preguerra Como periodista, foi redactor xefe de El Noticiero Universal e secretario da Asociación da Prensa de Barcelona durante a presidencia de Eugeni d'Ors. Politicamente, de tendencia monárquica e conservadora, foi secretario da Unión Monárquica Nacional en Cataluña durante a Segunda República Española e membro da denominada Peña Blanca. En 1933 afíliase a Renovación Española, grupo que, polo Decreto de Unificación de 1937, se integra no Movimiento Nacional.

Durante este tempo foi secretario de Alfonso Sala y Argemí, conde de Egara, do que será o seu biógrafo. Durante a Guerra Civil española refúxiase na cidade de Burgos.

Posguerra Durante a posguerra considérase como un dos máis destacados cataláns de Franco, ocupando o cargo de tenente de alcalde, baixo o mandato de Miquel Mateu Pla como alcalde de Barcelona. A súa adhesión á causa monárquica do conde de Barcelona supúxolle a destitución dos seus cargos.

Parlamentario Foi Consejero Nacional del Movimiento e procurador en Cortes por designación directa do Xefe do Estado, o ditador Francisco Franco, durante a I Lexislatura das Cortes Españolas (1943-1946).Apartado b), artigo 2º da Ley de Creación de las Cortes Españolas de 17 de xullo de 1942 (BOE núm. 200, de 19 de xullo de 1942). Decreto de 23 de novembro de 1942 Por el que se modifica la composición del II Consejo Nacional de FET y de las JONS y se nombran los miembros del tercer Consejo Nacional.

O 2 de outubro de 1943 cesa no cargo de Consejero Nacional, en razón ao cal desempeñaba o cargo de procurador.BOCE nº 18, páx. 189.

Obras La reforma agrària a Catalunya. Defensa de la propietat rústica catalana i disposicions de caràcter agrari que deuen tenir-se en compte (1933) Calvo Sotelo. Una vida fecunda. Un ideario político. Una doctrina económica (1939) Alfonso Sala Argemí, conde de Egara (1955)

Notas

Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Nados en Montanuy Categoría:Nados en 1895 Categoría:Finados en 1963