miniatura| O cénit en relación co nadir e os horizontes astronómico e verdadeiro En astronomía, cénit é o punto que marca a intersección entre a vertical do observador e a esfera celeste (unha esfera imaxinaria onde situamos as estrelas, sendo o seu centro a Terra). É o marco referencial mais común de localización de posicións de obxectos celestes.

Imaxinando unha recta que pasa polo centro da Terra e pola nosa situación na superficie, o cénit atópase ao final desa recta, no punto que toca a esfera celeste, xusto enriba das nosas cabezas: é o punto máis alto do ceo sobre nós.

O punto diametralmente oposto sobre a esfera celeste en relación ó cénit chámase nadir.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Acimut

Categoría:Xeografía Categoría:Sistema de coordenadas celestes