Ramón Ferreiro Rodríguez-Lago, nado en Valladolid o 17 de xuño de 1903El Pueblo Gallego, 19-2-1943, p. 3. e finado en Madrid o 10 de setembro de 1978,Necrolóxica no ABC foi un avogado, falanxista e político galego.
Traxectoria Fillo de Fernando Ferreiro Lago e sobriño de Ramón Ferreiro Lago (notario en Carballo), e de María Esclavitud Ferreiro Lago, muller do tamén notario de Carballo Julio García Gabilán. Avogado e profesor de Artes e Oficios. Ingresou en Falange en decembro de 1933. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 interveu na guerra como voluntario de milicias. Foi xefe da Falange de Ubeda, desenvolveu na provincia de Xaén unha intensa actividade falanxista. Despois foi subxefe provincial de Lugo. Foi nomeado Xefe provincial da Falange de Lugo o 27 de agosto de 1938 para substituír a Ramón Martínez Losada,El Pueblo Gallego, 28-8-1938, p. 2. e gobernador civil e xefe provincial do Movimiento da provincia de Lugo en 1941.El Pueblo Gallego, 18-5-1941, p. 5. Permaneceu no cargo de gobernador até 1943, cando foi nomeado director xeral de ensinanza profesional e técnica.ABC, 19 de febreiro de 1943, p. 5 Foi substituído como xefe provincial por Santiago Vallejo Heredia. Despois foi xefe da Obra Sindical de Formación Profesional, posto do que foi substituído por Antonio Aparisi Mocholi en 1957,Cultura do País e A Mesa reclaman unha avenida Lois Pereiro, en El Progreso o 30 de outubro de 2011 xerente xeral da Prensa do Movimiento (1956)ABC, 28 de xullo de 1956, p. 17 e presidente da Asociación Española de Pintores y Escultores (1972). Foi procurador a Cortes durante as cinco primeiras lexislaturas do período franquistaRelación histórica de deputados sendo designado pola Xunta Extraordinaria da Delegación Nacional de Sindicatos.
O seu irmán Fernando foi alcalde de Valladolid (1943-1949) e tamén procurador en Cortes.
Distincións e recoñecementos En 1943 foi condecorado coa Orde do Mérito da Aguia Alemá, distinción outorgada por Adolf Hitler.El Pueblo Gallego, 2-2-1943, p. 6. Foi comendador da Orde de San Gregorio Magno. Unha importante avenida da cidade de Lugo leva o seu nome, en contra da Lei de memoria histórica.A Lei de Memoria Histórica "obriga ás administracións públicas a tomar medidas para retirar a simboloxía e mencións que exalten a Guerra Civil e a ditadura". Así mesmo, é fillo adoptivo da cidade e ten a Medalla de Ouro do concello de Lugo.Distincións, na páxina web do concello de Lugo.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Lo que han hecho en Galicia: violencia, represión y exilio, 1936-1939, de Jesús de Juana e Julio Prada Rodríguez.
Categoría:Falanxistas Categoría:Gobernadores civís de Lugo Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Nados en Valladolid Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1978