Issam Alnagm Azzam, nado en Dweri na provincia de Sweda (Siria) o 25 de xullo de 1948. É un médico xubilado e que foi alcalde de Muras en Lugo en 1991 polo PPdeG Foi moi soada a súa oposición á guerra de Irak sendo unha das voces máis críticas do partido na etapa de Aznar.
Como alcalde destacou por iniciativas moi peculiares como á de incentivar a natalidade e o censo no municipio a través de axudas económicas e facilidades para establecerse no concello.Las ayudas por bebés no garantizan un «baby boom», como se comprueba en Muras e aprender galego.El sirio que aprendió gallego
Traxectoria A súa traxectoria política empezou aos 16 anos en Siria, onde xa militaba nun partido. Chegou a España en 1968 para estudar Medicina. Matriculouse na Universidade de Santiago de Compostela e casou cunha compañeira de estudos. Chegou a Muras en 1989 como médico do Centro de Saúde. Presentouse ás eleccións municipais de 1991 en Muras encabezando a candidatura do PPdeG e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido nas sucesivas eleccións, sempre con maioría absoluta, maioría que perdeu nas eleccións municipais de 2015. En 2016 foi acusado e condenado por inxurias ao alcalde do BNG Manuel Requeijo ao que acusou de quedar con cartos que eran para os xitanos.El exregidor de Muras paga 3.440 euros al alcalde por acusarlo en público de «robar a los gitanos»
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Muras
Ligazóns externas Noticia en El Progreso Entrevista en El Progreso
Categoría:Alcaldes de Muras Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Damasco Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes