Luis Pereiro Vázquez, nado en Monterroso en 1935, é un político galego vinculado ao PPdeG.
Traxectoria Dende os 22 anos foi concelleiro en Monterroso, chegando a ser tenente de alcalde. Presentouse ás primeiras eleccións democráticas encabezando a candidatura da UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato foi designado deputado provincial. En 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega e revalidou a alcaldía por maioría absoluta.
En febreiro de 1986 ingresou en Alianza Popular, formación que encabezou en 1987 e coa que revalidou a alcaldía por maioría absoluta. Xa como PPdeG, continuou encabezando a formación conservadora en Monterroso e foi reelixido alcalde por maioría absoluta nos comicios de 1991 e 1995. Nas eleccións de 1999 perdeu a alcaldía logo de que o PSdeG-PSOE lograse a maioría absoluta, polo que pasou a se-lo portavoz popular na oposición ata o final do mandato, tralo cal se retirou da primeira liña política.
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Monterroso
Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia Noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Monterroso Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia por Coalición Galega Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Deputados provinciais de Lugo