Benjamín Modesto Rodríguez Abad,Nome de Benjamín na páxina do concello de Monfero nado en Arzúa en 1963, é un político galego que foi alcalde de Monfero.
Traxectoria É practicante titular do concello de Monfero dende 1983. Presentouse ás eleccións municipais de 2007 en Monfero encabezando a candidatura de Independientes do Concello de Monfero e obtivo 3 concelleiros. Nas municipais de 2011 obtiveron 5 concelleiros e foi elixido alcalde grazas a un pacto co PPdeG. Ás municipais de 2015 presentouse á alcaldía desta vez como cabeza de lista polo PP«A pesar da crise, logramos manter os mesmos servizos» La Voz de Galicia, 18/05/2015., acadando catro concelleiros e pasando á oposición.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Monfero
Categoría:Alcaldes de Monfero Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Arzúa Categoría:Nados en 1963 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes