A Orchestre de la Suisse Romande ou OSR (en galego Orquestra da Suíza Francófona) é unha orquestra sinfónica da cidade de Genève (Suíza). Amais de concertos de música sinfónica, que teñen lugar no Victoria Hall, a OSR actúa nas producións operísticas e de ballet do Grand Théâtre de Genève. A súa actividade concertística esténdese ata a cidade de Lausana, onde ofrece concertos no Palais de Beaulieu. Ten realizado xiras por Europa, América do Norte e o Extremo Oriente. Actualmente está rexida por unha fundación privada.

Historia A Orchestre de la Suisse Romande foi fundada o 30 de novembro de 1918 por Ernest Ansermet, e inicialmente contaba cun equipo de 48 intérpretes e unha tempada de seis meses de duración. Aemais de músicos suízos, a OSR acolleu inicialmente músicos doutros países como Austria, Francia, Alemaña ou Italia. Ansermet incrementou gradualmente o número de músicos suízos na orquestra, acadando un 80% en 1946.European Radio Orchestras. III en Musical Times Ansermet permaneceu como director musical da orquestra durante 49 anos, de 1918 a 1967.

En 1938, a orquestra fusionouse con outra orquestra de radio con base en Lausana. A continuación, a OSR comezou a transmitir regularmente os seus concertos pola radio suíza. A orquestra mantivo durante un longo tempo un contrato de gravación coa discográfica británica Decca, dende a época de Ansermet, e que produciu máis de 300 gravacións, comezando en 1947 con La mer, de Debussy.David Gutman, Historic Recordings en Gramophone A OSR estreou moitas obras de compositores suízos, como Arthur Honegger, Frank Martin ou Heinz Holliger. Durante o mandato de Armin Jordan (1985-1997), a OSR continuou gravando para o selo Erato.A New Leader Carries On An Orchestra's Tradition no New York Times Durante a segunda guerra mundial, moitos directores alemáns trasladaron a súa residencia a Suíza. Wilhelm Furtwängler converteuse nun director convidado frecuente pola orquestra, dirixindo o seu repertorio predilecto de compositores como Beethoven, Brahms e Richard Strauss. Mesmo Carl Schuricht foi director convidado dirixindo a música de Bruckner e Mahler.

Dende o 2005, o seu director artístico e musical é Marek Janowski, que realizou coa orquestra distintas gravacións para o selo Pentatone.L'Orchestre de la Suisse Romande: Swiss orchestra seeking a roleBruckner: Symphony No 5, CD review En setembro do 2008, Janowski estendeu o seu contrato ata o ano 2015, aínda que posteriormente, en xaneiro do 2010, o director e a orquestra acordaron concluír a súa relación logo da tempada 2011-12. Tralo anuncio da saída de Janowski no 2012, os intentos da OSR por asegurar a Bertrand de Billy e Kazuki Yamada como futoros directores artísticos da formación non chegaron a bo termo. Porén, en setembro do 2010, a OSR nomeou a Neeme Järvi como o seu noveno director artístico, con efecto dende xaneiro do 2011, e como director musical a partir da fin do contrato de Janowsky. Paralelamente, Yamada foi nomeado principal director convidado, cun contrato inicial de tres anos (ao igual que Järvi).

Directores musicais Ernest Ansermet (1918-1967) Paul Kletzki (1967-1970) Wolfgang Sawallisch (1972-1980) Horst Stein (1980-1985) Armin Jordan (1985-1997) Fabio Luisi (1997-2002) Pinchas Steinberg (2002-2005) Marek Janowski (2005-2012) Neeme Järvi (2012-)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da Orchestre de la Suisse Romande

Suisse Romande