O sistema de dous imperios foi un dos máis aceptados e o máis alto sistema de clasificación de uso xeral antes do establecemento do Sistema de tres dominios. Todo o que existe clasifícase en "sen vida" (Mineralia), e "vida" (Biota ou Vitae), que se subdividía nos imperios Cytota En taxonomía biolóxica o termo Cytota, (derivado do grego κύτος, "cavidade", aquí co significado de "célula", e o suf. -ota, indicando plural) é o superdomino que inclúe toda vida celular. Cando a definición de vida inclúe as formas de vida non celular e celular, esta é unha das dúas divisións principais, sendo a outra Acytota. ou vida celular, e Acytota ou Aphanobionta, ou vida non celular. O imperio Cytota subdividíase nos superdominios Prokaryota (procariotas) e Eukaryota (eucariotas).

Cando o sistema de tres dominios se introduciu, algúns biólogos preferiron o sistema de dous imperios, alegando que o sistema de tres dominios exaxera a división entre as archaeas e as bacterias. Porén, dado o estado actual dos coñecementos e o rápido progreso científico biolóxico, sobre todo debido ás análises xenéticas, este sistema desapareceu totalmente.

Dous series! Dous imperios! Tres dominios! Seis reinos'|- | bgcolor=slategrey fgcolor=white colspan=5 | Mineralia (sen vida) |- | bgcolor=indianred fgcolor=white rowspan=7 | Biota / Vitae (Vida) Acytota / Aphanobionta (Virus, Viroides, Prións?, ...) Vida non celular Cytota Vida celular Prokaryota Bacteria Eubacteria Archaea Archaebacteria Eukaryota Protista Fungi Plantae Animalia

A este sistema precedeuno o sistema de tres reinos de Haeckel: Animalia (animais); Plantae (plantas) e Protista (protistas). Notas

Véxase tamén Outros artigos Reino (bioloxía). Dominio (bioloxía).

Categoría:Bioloxía