dereita|miniatura|Necrolóxica do Museo do Pobo Galego en La Voz de Galicia. Francisco Puy Muñoz, nado en Cambil (provincia de Xaén) o 12 de xaneiro de 1936 e finado o 31 de xullo de 2024 en Santiago de Compostela, foi un profesor universitario, escritor e político galego. Traxectoria Licenciouse en Dereito en 1958 e doutorouse en 1961 na Universidade de Granada. Foi profesor de Filosofía do Dereito na Universidade de Granada e despois catedrático de Filosofía do Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (1966) onde dirixiu, entre outras, a tese doutoral de Carolina Rovira. Profesor invitado das universidades de Toulouse, Coímbra, Católica de Chile, Perugia, Nacional de Educación a Distancia, Braga e A Habana.
Foi fundador da Fundación Alfredo Brañas e presidente do seu padroado dende 1990. Dirixiu un programa de investigación trienal (1999-2002) na USC sobre "Historia da Filosofía do Dereito Español", especialmente dedicado á xurisprudencia galega.
Foi designado concelleiro de Santiago de Compostela en 1973 en representación do terzo familiar.Cartel A proposta de Alianza Popular, foi membro e secretario da comisión do Estatuto dos dezaseis.
Obras
El pensamiento tradicional en la España del siglo XVIII (1700-1760) (1961). Instituto de Estudios Políticos. El derecho y el estado en Nietzsche (1966). Editora Nacional. Lecciones de derecho natural (1967). 2ª ed. corr. (1970). Porto y Cía. Editores. Guía pedagóxica do Departamento de Filosofía do Dereíto (1979). Ed. de autor. Derechos Humanos (1983). Ed. de autor. ISBN 84-300-8312-X. Tópica Jurídica (1984) USC. ISBN 84-398-0819-4. O valor da xurisprudencia galega: discurso inaugural leido na solemne apertura do curso académico 1985-86, Universidade de Santiago de Compostela (1985). USC. ISBN 84-7191-371-2. Luis de Trelles o El compromiso con los marginados (1991). Fundación Alfredo Brañas. ISBN 84-88051-07-7. ¿Qué é Galicia? (1993). Fundación Alfredo Brañas. ISBN 84-88051-39-5. Historia da Xurisprudencia Galega. Volume 6. A xurisprudencia galega dos tempos barrocos (O século XVII). (1998). Tórculo. Filosofía do dereito: leccións de historia da xurisprudencia galega impartidas no curso académico 1998/1999 (1999). Tórculo. ISBN 84-8408-048-X. La vida familiar de D. Luis Trelles (2004). Fundación Alfredo Brañas. ISBN 84-88051-27-1. La teoría de la justicia del magistrado Villicaña (2005). USC. ISBN 84-9750-486-0. Teoría dialéctica de la justicia natural (2012). México: Universidad Popular Autónoma del Estado de Puebla. ISBN 978-607-8093-22-9.
Libros colectivos
El derecho natural hispánico; actas de las Primeras Jornadas Hispánicas de Derecho Natural, Madrid, Colegio Mayor Universitario San Francisco Javier, 10-15 septiembre 1972 (1972). Madrid. Ensaios acerca da nosa autoidentificación (1990). Fundacion Alfredo Brañas. ISBN 84-404-9717-2. Alfredo Brañas filósofo do dereito (1998). Fundación Alfredo Brañas. ISBN 8488051719. Introducción a la jurisprudencia histórica de Galicia (2006). USC. La Facultad de Derecho de Granada entre 1953 y 1958 (2008). Fundación Alfredo Brañas. Teoría tópica de los derechos humanos (2009). Colex. Luis de Trelles: un laico testigo de la fe (2009). Universidade San Pablo-CEU, CEU ediciones. Jurisprudencia dialéctica (2012). Tecnos. Una concepción prudencial del derecho (2013). Tecnos. Glosas gratulatorias a "Tópica, retórica y dialéctica en la jurisprudencia" (2013). USC. El derecho natural materia académica: discurso leído en la ceremonia de investidura como Doctor Honoris Causa en Ciencias Sociales por la Universidad Popular Autónoma del Estado de Puebla UPAEP (México), 28 de agosto de 2013 (2014). Fundación Alfredo Brañas. Conflictos escolares: justicia y mediación (2014). SEK. Cuestiones de argumentación jurídica (2014). Porrúa. Las trampas del lenguaje jurídico y político (2014). Porrúa. Luces y sombras del ombudsman: un estudio comparado entre México y España (2015). USC. Haikus de Guillamonde (2015). A Coruña: Hércules de Ed. Haikus de Paizás (2018). A Coruña: Hércules de Ed.
Recoñecementos Doutor honoris causa pola Universidade de Santo Tomás (Chile). Doutor honoris causa pola Universidade de Belgrano (Bos Aires). Gran Cruz Académica pola Universidade Católica do Uruguai (Montevideo). Magister Honoris Causa da Escola Xudicial de México. Cruz de Honra de San Raimundo de Peñafort. En 2011 foi investido doutor honoris causa pola Universidade Sagrado Coraçao de Bauru (Brasil).
Vida persoal Casou con Rosario Fraga Iribarne, irmá de Manuel Fraga; foi pai de Pedro Puy Fraga.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha en galegos.info
Categoría:Personalidades da filosofía do dereito Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados na provincia de Xaén Categoría:Enciclopedistas Categoría:Alumnos da Universidade de Granada Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Medallas do Parlamento de Galicia Categoría:Finados en 2024 Categoría:Concelleiros de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Granada Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Xuristas de Galicia Categoría:Membros do Seminario de Estudos Galegos Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición