Álvaro Rodríguez Eiras, nado en Meira o 4 de abril de 1932 e falecido en Lugo o 13 de xaneiro de 2025, foi un político e empresario galego.
Traxectoria En 1961 foi designado alcalde do concello de Meira, posto que ocupou ata 1966.A Confederación de Empresarios de Galicia réndelle homenaxe ao seu presidente fundador, Álvaro Rodríguez Eiras, no 30 aniversario da organización, nota de prensa de Vía Láctea Comunicación, 2/11/2011. Unha década máis tarde, en 1971, crea a empresa que leva o seu nome, Álvaro Rodríguez Eiras SL, coñecida polo seu acrónimo Aresa, dedicada á venda de fertilizantes e outros produtos agrícolas.Historia , web de Aresa.
En 1975 fundou o Club Político de Lugo, unha organización encargada de dar a coñecer as distintas ideoloxías da transición; neses anos presidiu a Confederación de Empresarios provincial de Lugo, da que foi o seu primeiro presidentes. En 1981 impulsou, xunto con outros, a creación da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG). Foi presidente da patronal galega dende 1981 ata 1982, cando foi substituído por Emilio Pérez Nieto.
Galardóns Insignia de Ouro da Universidade de Santiago de Compostela.
Vida persoal
Casou con Carlota López Ferreiro.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Meira Categoría:Nados en Meira Categoría:Empresarios do sector agrícola Categoría:Presidentes da Confederación de Empresarios de Galicia Categoría:Nados en 1932
Categoría:Finados en 2025
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes